EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o Nadal a ritmo de cine
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou una nova edición do Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música, que este ano leva o título de "Música e cine". Celebrarase o xoves 18 de decembro, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.
CULTURA
Compostela non falta á súa cita de Nadal coa lírica
O Teatro Principal acollerá a VIII edición do Festival de Zarzuela Todo lírica que, como cada Nadal, ofrece espectáculos de música lírica para toda a familia. Serán tres concertos os días 21 e 30 de decembro e 3 de xaneiro, todos ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán asistiu á Comisión Executiva das Cidades Patrimonio de España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu en Segovia á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na xuntanza tratáronse temas relativos á accesibilidade nas cidades patrimonio, á despoboación dos cascos históricos ou ao desenvolvemento económico dos mesmos a través da recuperación e posta en valor do patrimonio e a proxección socioeconómica do lugar.
COMERCIO
Máis de 30 comercios participan na Edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
Trinta e catro comercios de diferentes sectores inscribíronse na Edición de Nadal do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Entre os comercios participantes predominan os de téxtil e confección, sobre todo de moda infantil, os de decoración e agasallos e os de artesanía. A lista de inscritos tamén inclúe estabelecementos de óptica, alimentación, deportes, xoguetarías, floristarías,...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo demanda á Administración central a rápida licitación das obras na Praza de Abastos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a Praza de Abastos, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves.
ALCALDÍA
A Nova Escola Galega cumpre 25 anos
O sábado 13 de decembro celebráronse os actos conmemorativos do XXV aniversario da Nova Escola Galega, entidade dedicada a impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo galego. O Concello colabora activamente con esta entidade, especialmente na organización do concurso Educacompostela.
CONSORCIO
Sánchez Bugallo entrega o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana ao alcalde de Gracias (Honduras)
O alcalde de Gracias (Honduras), Jesús Eliseo Villanueva, e a directora da Oficina de Conxuntos Históricos Colosuca, Clara Cómez Pineda, recibiron de mans do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008, dotado con 180.000 euros.
BENESTAR SOCIAL
Quilombagem, un canto contra a escravitude
O sábado 13 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Colexio Peleteiro, terá lugar a representación do espectáculo Quilombagem. Un canto á resistencia antiga e nova, fronte a escravitude. Os fondos recadados serán para o Centro de Defensa da Vida e dos Dereitos Humanos de Açailandia (Brasil).
ALCALDÍA
A revitalización do Casco Histórico recibirá un novo impulso en 2010 coa inauguración de catro novos edificios
O ano 2010 será un ano de inauguracións no Casco Histórico, o que suporá "un novo impulso á revitalización" desta área da cidade, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Durante ese Ano Xacobeo inaugurarase o Centro Social Caixanova en Cervantes, o Auditorio Caixanova no antigo edificio de El Pilar, o Museo das Peregrinacións no antigo Banco de España e, probablemente, a remodelada Casa do Cabildo, que quedará vinculada ao devandito Museo.
CULTURA
A tradición musical do Kurdistán visita Compostela na voz de Aynur
O Festival de Músicas do Mundo Sons da Diversidade pecha o seu programa de 2008 cun concerto da cantante turca Aynur. O recital será o sábado 13 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. Aynur pecha así o paso de grandes artistas en 2008 polo Auditorio dentro do ciclo Sons da Diversidade: Moving Hearts, Ute Lemper, Uxía, Tom Zé, Laurie Anderson, Rufus Wainwright, Fuxan os Ventos ou Manu Dibango.