ALCALDÍA
Quintana amosa o seu apoio para que o Estatuto recoñeza a Santiago como "capital de Galicia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse na mañá do luns 17 co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, con quen conversou arredor dos próximos proxectos de futuro da cidade.
CIDADE
Hugo Chávez visita o Concello de Santiago
A través dunha "Carta de Intencións" o concello de Santiago comprométese a buscar un espazo na cidade para levantar un monumento ao Libertador Simón Bolívar.
UMAD
"Fóiseche a pota?" tratará de prever o alcoholismo entre os mozos composteláns
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) pón en marcha a campaña "Fóiseche a pota?", destinada á sensibilización da xente nova sobre as consecuencias do uso e o abuso do alcol.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Seminarios de formación para o movemento asociativo veciñal de Compostela
Co obxectivo de mellorar o coñecemento que sobre o funcionamento da Administración Municipal teñen as entidades veciñais, así como a súa capacidade de interlocución cara á mesma, a concellería de Relacións Veciñais pón en marcha unha serie de seminarios sobre o funcionamento organizativo da Administración Local.
CULTURA
Ballet estudio presenta "O que viven as rosas"
A compañía de danza contemporánea Ballet Studio presenta no Teatro Principal "O que viven as rosas", unha proposta baseada na curta duración da beleza a través da ollada dunha escultora.
ALCALDÍA
"Desde Galicia para el mundo" dedicará o seu programa 647 a Santiago
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, responderon ás preguntas da presentadora de "Desde Galicia para el mundo", Paola Rodríguez, que emitirá o vindeiro 29 de outubro un programa dedicado a Santiago de Compostela.
INFRAESTRUTURAS
O túnel do Mestre Mateo comezará a funcionar o xoves 13 de outubro
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Santiago de Compostela informan que, unha vez rematados os últimos labores para a súa plena operatividade, o túnel de Mestre Mateo comezará a funcionar o xoves, 13 de outubro a partir das 13.00 horas aproximadamente.
Actualmente a obra da travesía, que permitirá incrementar a fluidez do tráfico entre Romero Donallo e Mestre Mateo e que conforma un dos principais accesos da cidade, está practicamente concluída. Tan...
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Inmigrantes e emigrantes retornados poderán beneficiarse de axudas escolares
A concellería de Emigración e Inmigración pón en marcha un programa de axudas escolares específico para inmigrantes e emigrantes retornados con fillos empadroados, escolarizados e con enderezo en Santiago, que cursen estudos de educación infantil, ensinanza primaria e ESO. O prazo para solicitalas comeza o 17 e remata o 31 de outubro.
TRANSPORTES
O aparcadoiro municipal de Cornes continuará aberto ao público a partir do 15 de outubro
A tarifa seguirá sendo de 0,60 euros pola entrada.
REAL FILHARMONÍA
A Real Filharmonía interpretará obras de Glinka, Shostakovich e Chaikovski no seu primeiro concerto da tempada
Baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o primeiro concerto de abono da temporada 2005-2006 con obras de Glinka, Shostakovich e Chaikovski.