ALCALDÍA
O alcalde felicita a Roxelio Groba no seu 80 aniversario
Con motivo do 80 cumpreanos do compositor galego Roxelio Groba, a Real Filharmonía de Galicia estreou no Auditorio a peza Concerto no Lameiro. Ao concerto acudiu o alcalde, que felicitou a Groba pola súa brillante e recoñecida traxectoria musical e agradeceu o seu empeño en elevar o nivel musical do país.
DEPORTES
Xa se coñecen os emparellamentos da Copa de España de fútbol sala
O Hotel AC Palacio del Carmen acolleu o sorteo de emparellamentos da XXI Copa de España de Fútbol Sala, que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar do 11 ao 14 de febreiro. O equipo local, o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, xogará a eliminatoria de cuartos de final fronte ao Caja Segovia o xoves 11.
ALCALDÍA
O intendente de Montevideo asina no Libro de Honra do Ano Santo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o intendente de Montevideo (Uruguai), Ricardo Ehrlich, quen asinou no Libro de Honra do Ano Santo. Antes, os dous alcaldes visitaron a Cidade da Cultura.
ALCALDÍA
Montevideo porá en valor a súa muralla colonial grazas á achega do Premio de Cooperación Urbana
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto da sinatura do protocolo de aceptación da terceira edición do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, creado e organizado polo Consorcio de Santiago
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente o Servizo de Axuda no Fogar. O importe a pagar polo Concello á empresa adxudicataria será de 12 euros/hora máis IVE para servizos prestados en xornada laboral de luns a sábado, e 13 euros/hora máis IVE para os servizos prestados en domingos e festivos.
DEPORTES
Comeza unha nova campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo
Por terceiro ano, a Concellería de Deportes, en colaboración coa empresa XADE, pon en marcha a Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo. Esta iniciativa, totalmente de balde, busca achegar aos colexios e institutos da nosa cidade unha actividade de lecer e enriquecemento para os seus alumnos e alumnas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia homenaxea a Rogelio Groba coa estrea do seu "Concerto no Lameiro"
O concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia do xoves 14 de xaneiro no Auditorio de Galicia servirá para conmemorar o traballo artístico do músico Rogelio Groba, un dos máis insignes compositores galegos e que o 16 de xaneiro cumprirá 80 anos. Con este motivo, a orquestra compostelá vai estrear a peza Concerto no Lameiro, escrita por Groba en 2004, para orquestra e frauta.
SEGURIDADE
O temporal de neve obrigou a esparexer 62 toneladas de sal
A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez Santullano, indicou que dende que empezou o temporal de neve, foi necesario esparexer por rúas e beirarrúas da cidade 62 toneladas de sal. Ademais, explicou o funcionamento do dispositivo contra a neve e o xeo durante a fin de semana.
TURISMO
Aberto o prazo de inscrición para participar no Fórum Gastronómico Santiago 2010
O prazo de inscrición do Fórum Gastronómico Santiago 2010, que se celebra do 20 ao 24 de febreiro, está xa aberto. Este ano o proceso realízase por internet, a través da páxina web do evento, www.forumsantiago.com.
CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS
Cortes nas rúas Santiago León de Caracas e San Pedro de Mezonzo polas obras do Hórreo
As obras do túnel do Hórreo obrigarán a pechar ao tráfico as rúas Santiago León de Caracas e San Pedro de Mezonzo en dous períodos deste mes de xaneiro e parte de febreiro