EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE
Os escolares composteláns aprenden a respetar o medio ambiente
Por quinto ano consecutivo os escolares de Compostela aprenderán a respetar o medio ambiente a través do programa de Educación Ambiental organizado polas concellerías e Educación e Medio Ambiente do Concello de Santiago en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).
EDUCACIÓN
Educación colabora na organización dun curso sobre cine documental e historia dirixido ao profesorado
O curso, organizado por Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sine Nomine, conta coa colaboración do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago, o Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, a Fundación 10 de Marzo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que homologa as sesións como formación do profesorado.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello pon a primeira pedra do Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa
Tamén se inaugurou un Obradoiro de Emprego de Enerxías Renovables que dará traballo directo a 58 persoas.
CULTURA
Rudolf Barshai dirixe obras de Borodin e Brahms coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, e dirixida polo mestre Rudolf Barshai, interpretará as obras de Borodin Cuarteto nº 2 para orquestra de cordas (con arranxos do propio Barshai) e de Brahms a Sinfonía nº 2 en Re maior, op. 73.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago visita a Carpa de Santiago Centro e o Belén de Conxo de Javier Otero
O alcalde de Santiago, X. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, X. Baqueiro, visitaron o mércores,4 de xaneiro, a carpa de actividades infantís que Santiago Centro ten instalada na praza Roxa.
ORZAMENTOS
Os orzamentos municipais para o 2006 serán aprobados o 9 de xaneiro
O Concello de Santiago celebrará o luns 9 de xaneiro o pleno no que se aprobarán os orzamentos municipais para o 2006. O Concello contará este ano con 99.537.930 euros no capítulo de ingresos e no capítulo de gastos con 95.037.930 euros
FESTAS E TRÁFICO
Os Reis Magos chegarán en tren a Compostela
O xoves cinco de xaneiro a partir das 18:00 horas os nenos e nenas de Compostela poderán disfrutar da tradicional Cabalgata de Reis. Con motivo desta celebración produciranse cambios na ordenación do tráfico. Este ano a Cabalgata será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.
EDUCACIÓN
Miles de cativos participaron en Nadalxogo
Miles de cativos e cativas disfrutaron durante estes días das actividades de Nadalxogo, inatalado no Multiusos Fontes do Sar. Este espacio de lecer despídese dos rapaces o xoves, 4 de xaneiro, para deixar pasa a Cabalgata de Reis.
CULTURA E AUDITORIO DE GALICIA
Alexander Anissimov dirixirá á Real Filharmonía de Galicia no concerto de Reis
O Auditorio de Galicia acollerá o xoves 5 de xaneiro ás 21.00 horas o tradicional concerto de Reis ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia. Inícianse así os actos de celebración do décimo aniversario da Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago.