ALCALDÍA
Compostela e Santiago do Caçém ratifican as bases da súa colaboración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Cámara Municipal de Santiago do Caçem, Vitor Chaves de Caro, asinaron o protocolo de irmandamento entre as dúas cidades. Este acto ratificaba o compromiso asinado o 11 de xullo de 2007 na vila lusa e aprobado polo Pleno municipal compostelán.
FESTAS
Preto de 2.500 maiores participarán en Amio nun xantar con animación e orquestra
Tras o multitudinario concerto de Nena Daconte na noite do xoves 22, o terceiro día da Ascesión preséntase cargado de actividades. E para o sábado 24, unha nova edición da Festa dos Maiores.
CONSORCIO
Continúa a terceira edición do "Compostela Organum Festival"
O terceiro dos concertos de maio do Compostela Organum Festival correrá a cargo do organista Juán María Pedrero na igrexa conventual de Santa Clara, órgano que é a primeira vez que se inclúe no festival. Neste concerto evocarase a música ibérica para tecla a través de obras de dous dos seus mais grandes creadores, Francisco Correa de Arauxo e Xoan Cabanilles. Será o sábado 23 de maio ás 21:00 horas.
DEPORTES
David Gutiérrez, do Camargo-Ferroatlántica, gaña a segunda etapa da Volta Ciclista da Ascensión
David Gutiérrez, do Camargo Ferroatlántica, gañou ao sprint a segunda etapa da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009. O segundo foi Fabio Ferreira (Crédito Agrícola Pombal) e o terceiro Sergio Carrasco (Andalucía Cajasur).
FESTAS
Unhas 16.000 persoas participaron no Concurso Cabalar da Ascensión
Celebrouse no recinto feiral de Amio o Concurso Cabalar Ascensión 2009, que un ano máis contou cunha alta participación. Igualmente masiva foi a primeira xornada das Festas, especialmente grazas ao concerto de Los Delinqüentes no Campus Sur.
DEPORTES
Rafael Rodríguez, do Supermercados Froiz, primeiro líder da Volta da Ascensión
Rafael Rodríguez do Supermercados Froiz, é o primeiro líder da Volta Ciclista da Ascensión-Gran premio Xacobeo 2009, tras gañar a primeira etapa da competición. Rodríguez encabeza tamén as clasificacións da regularidade e do premio da montaña. O Supermercados Froiz lidera a clasificación por equipos.
ALCALDÍA
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
Como cada ano por estas datas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu no Salón Nobre aos traballadores do Concello. O motivo non era outro que a celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.
CIRCULACIÓN VIARIA E OBRAS
Novas modificacións no tráfico por mor das obras de Xeneral Pardiñas, Ensanche vello, praza do Olvido e Hórreo
O comezo de novas obras do Fondo de Investimento Local (FIL) obrigará a unha reestruturación do tráfico nas zonas afectadas. En concreto, o luns 25 comezarán as obras nas distintas rúas do Ensanche Vello e o mércores 27 no tramo de Xeneral Pardiñas entre Montero Ríos e Carreira do Conde. Ademais, iníciase a intervención na praza do Olvido.
SANIDADE
O Concello promove a actividade física e os bos hábitos alimentarios na I marcha Saudable
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Granxa do Xesto aos 120 nenos dos colexios de Vite e Nosa Señora dos Remedios que participaron na I Marcha Saudable, organizada pola Concellería de Sanidade no marco do Programa Concellos Saudables da Xunta de Galicia. Esta marcha quere promover hábitos de alimentación saudables, educando e familiarizando aos nenos de xeito lúdico na diversidade, no sabor dos alimentos e na boa elección, ademais de estimular o hábito da actividade física.
TRANSPORTES
Servizos especiais de transporte urbano para o día da Ascensión e a Festa dos Maiores
A Concellería de Mobilidade e Transportes, a través das Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), pon en marcha servizos especiais de transporte urbano para o día da Ascensión e a Festa dos Maiores. Ademais, vén de lanzarse a campaña "Cédalle o paso ao bus".