EDUCACIÓN
Nova edición do programa "Coñecer as cidades patrimonio"
Un ano máis ponse en marcha o programa "Coñecer as cidades patrimonio". A iniciativa permitirá a alumnos e alumnas de educación secundaria obrigatoria "coñecer a súa propia cidade e o resto de cidades españolas que tamén son patrimonio da humanidade", segundo apuntou a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
TRANSPORTES
Preto de 150.000 cidadáns beneficiaranse do servizo de Transporte Metropolitano
Os habitantes dos concellos de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Teo, Val do Dubra e Vedra disporán a partir do martes 3 dun servizo de Transporte Metropolitano. Serán uns 150.000 cidadáns os que se beneficiarán dun servizo que contempla novas paradas e itinerarios e un unha significativa redución do custo do billete.
MULLER
Compostela homenaxeou a Clara Campoamor no 75 aniversario do sufraxio feminino
Unha rúa de Compostela levará o nome de Clara Campoamor. Así o anunciou o alcalde no transcurso dos actos de conmemoración do 75 aniversario do sufraxio feminino, celebrados na Praza do Toural. Este nome e o duns 80 vieiros máis será levado a Plenos neste mes de outubro.