ALCALDÍA
O Camiño de Santiago, estandarte dun modelo de turismo cultural rendible
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, nun percorrido polos últimos quilómetros do Camiño. Esta peregrinación, na que tamén participaron o vicepresidente e comisario de Industria e Turismo da Comisión Europea, Antonio Tajani; o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; e o secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida, precedeu ao balance que Goberno e Comisión fixeron sobre a Presidencia española da UE en...
MEDIO AMBIENTE
O comité directivo do proxecto Parques Urbanos Atlánticos-Parkatlantic constitúe o Laboratorio Virtual Urbano
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, xunto co xefe de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, e o técnico de Medio Ambiente Ángel Pérez Otero, participarán na xuntanza ordinaria do Comité de Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-Parkatlantic, que terá lugar os días 1 e 2 de xullo no Hôtel de Ville d’Angers.
ALCALDÍA
Santiago do Cacém acolle a presentación do programa Santiago-Une
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxa a Santiago do Cacém, cidade portuguesa irmandada con Santiago, para presentar o programa Santiago-Une, incluído no Plan de Difusión Exterior de Compostela.
CULTURA
Ábrese o prazo de presentación de propostas artísticas para os Abrazos Off
O Festival dos Abrazos, organizado pola Concellería de Cultura, volve aos espazos singulares de Compostela durante o mes de agosto. Como xa sucedeu en 2009 terá unha sección, os Abrazos Off, que abre o festival ás propostas artísticas da cidadanía.