CULTURA
A Banda Municipal de Música recupera vellas pezas e introduce novas melodías no seu programa de verán
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director da Banda Municipal de Música, Xosé Carlos Seráns, presentaron o programa de concertos de verán da banda, que se desenvolverá dentro do programa Música na rúa.
BENESTAR SOCIAL
O XIII Congreso Nacional sobre a SIDA incidirá na importancia do diagnóstico precoz da infección por VIH
Máis de 1.000 persoas participarán no XIII Congreso Nacional sobre a Sida, organizado pola Sociedade Española Interdisciplinaria sobre a SIDA (SEISIDA) que se celebrará do 16 ao 18 de xuño no Hotel Monumento San Francisco e na Facultade de Medicina. O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Benestar Social, patrocina esta plataforma de diálogo e discusión de todas as persoas implicadas na loita contra a SIDA en España.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica analiza a incidencia das normas de eficiencia enerxética na mellora da competitividade empresarial
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; acompañado do delegado en Galicia de EQA (Europen Quality Assuranse), Javier López, e Andrés Pilas, director de negocio de AMBICAL, presentou a xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego. O encontro celebrarase o 17 de xuño no Centro Social de Caixanova (praza de Cervantes, 17).