ALCALDÍA
As obras de ampliación do tramo urbano da AP-9 licitaranse despois do verán
O ministro de Fomento, José Blanco, presentou o proxecto de ampliación da AP-9 no seu paso por Santiago, nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Este tramo, libre de peaxe, pasará a contar con catro carrís por sentido entre Santiago Norte e Santiago Leste e con tres entre Santiago Leste e Santiago Sur. Esta actuación suporá un investimento de preto de 100 millóns de euros.
ALCALDÍA
Catro rúas de San Lázaro e do Castiñeiriño levarán o nome dos gardas civís nados en Santiago vítimas de accións terroristas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión en Raxoi con representantes da Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT), que está a celebrar en Santiago o III Encontro nacional de asociados á AVT.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Chega a Compostela o grupo veciñal que realizou o tramo galego do Camiño Francés
A primeira das tres rotas polos Camiños tradicionais do programa Fai o camiño conosco concluíu coa chegada a Compostela da peregrinación composta por veciños da cidade. Acompañados pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, os veciños chegaron á Porta Santa tras percorrer 12 quilómetros dende Lavacolla a Santiago.
EDUCACIÓN
Aprendendo a ler dende o berce
A Galería Sargadelos acolleu unha sesión especial dentro da X Campaña Municipal de Animación á lectura, organizada pola Concellería de Educación, na que os protagonistas foron os máis pequenos da casa: os nenos e nenas de 0 a tres anos.