ALCALDÍA
O investimento en 2010 manterá o nivel dos 400 euros por habitante
Malia o contexto económico actual, á redución de ingresos e aos recortes no gasto corrente, o investimento real en 2010 manterase non nivel dos 400 euros por habitante, segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O obxectivo para este ano é investir 38 millóns de euros "como mínimo, xa que é previsible que se superen os 40".
COMERCIO
O 74% dos locais comerciais de Compostela rexistra algún tipo de actividade
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou as conclusións do estudo Censo de locais comerciais do concello de Santiago de Compostela, enmarcado na liña Observatorio Comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán. Cun orzamento de 12.000 euros, realizouse para dar desposta á necesidade detectada pola concellaría de Promoción Económica e Comercio de documentar a situación real dos locais comerciais que existen no concello, en canto a...
EDUCACIÓN E XUVENTUDE
Dous galegos percorrerán a pé 6.000 quilómetros dende o Cabo do Norte (Noruega) ata Santiago
Andrés Fraga e Juan Ribas "Coru" percorrerán a pé os 6.000 quilómetros que separan a localidade norueguesa de Nordkapp e Santiago. A súa peregrinación conforma o proxecto 6 millóns de pasos. O Concello colabora con diferentes actividades de apoio ao proxecto, do que finalmente sairá un documental en alta definición.
EDUCACIÓN E XUVENTUDE
Santiago, cidade inspiradora para as narrativas máis actuais
Ata o 30 de maio poderá visitarse na Fundación Torrente Ballester a exposición Santiago, cidade ilustrada, un proxecto sobre a proxección de Santiago no cómic e na ilustración actual. Ao redor do mesmo a Concellería de Educación preparou un programa de visitas didácticas.
TURISMO
A cidade acollerá o 21 de maio un gran desfile de celebración do 30 aniversario da estrea de "O imperio contraataca"
A cidade converterase o 21 de maio nunha cidade de referencia nas celebracións do 30 aniversario da película O imperio contraataca que se van facer en todo o mundo cun gran desfile das tropas imperiais polo Casco Histórico da cidade. Rematará na praza do Obradoiro, fronte as torres da Catedral, onde Darth Vader pasará revista acompañado pola Marcha Imperial, interpretada por un grupo de gaiteiros. Trátase dunha iniciativa popular, nacida a partir da vontade dun grupo de fans composteláns da saga Star Wars.
XUVENTUDE
A terceira edición do "MúsicaXove" enfronta a seis de grupos de metal e pop-rock
O III Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, xa ten seleccionados os seus participantes, un total de seis grupos elixidos entre as 43 propostas iniciais de toda Galicia, 31 bandas de pop-rock e 12 de metal.