CONSORCIO
O alcalde inaugura as novas obras de instalación de alumeado público e ornamental da Alameda
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou as novas obras de instalación de alumeado público e ornamental na Alameda de Santiago. Estas obras supuxeron un investimento do Consorcio de 432.000 euros.
COMERCIO
Tokonoma, Vagalume e Xocoátel gañan a edición de primavera do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Primavera do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi Tokonoma Iluminación; o segundo Xoguetería Vagalume, e o terceiro Xocoátel.
URBANISMO
Un foro dálle voz á sociedade civil para falar sobre a transformación da cidade
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, presentou en Raxoi o Foro de Debate sobre a Transformación da Cidade, organizado pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Serán tres conferencias que pretenden complementar á convocatoria de ideas sobre a chegada do AVE proposta pola entidade profesional.
CULTURA
A Zona "C" celebra o segundo aniversario coa presentación do seu catálogo anual
Presentouse o catálogo anual da Zona "C", galería que cumpre o seu segundo ano de funcionamento. Despois deste tempo, "podemos falar xa dunha sala consolidada que ocupa un espazo que faltaba na cidade", apuntou a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.
FESTAS
Nena Daconte, Los Delinqüentes e o rock, protagonistas musicais dunhas festas da Ascensión con máis de 70 actividades
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa completo da Ascensión 2009, con máis de 70 actividades que se estenderán durante os cinco días de festa, do 20 ao 24 de maio.
CONSORCIO
A Real Filharmonía conmemora o segundo aniversario da morte de Haydn
A Real Filharmonía de Galicia conmemora o segundo aniversario da morte de Haydn cun concerto monográfico do compositor vienés. Para a ocasión, a orquestra compostelá actuará baixo a batuta invitada de Theodor Guschlbauer, tamén vienés. A cita é o xoves 14 de maio, ás 21:00 horas.
CIRCULACIÓN VIARIA
Restablécense todos os carrís de circulación en Romero Donallo
A Concellería de Circulación Viaria do Concello de Santiago informou que, unha vez rematadas as obras de reposición de colectores na zona de Romero Donallo, esta rúa recupera todos os seus carrís en ambos sentidos.
EDUCACIÓN
O Principal acolleu a representación da obra gañadora do Certame Intercentros e a entrega de premios
O XIV Certame de Teatro Intercentros chegou ao seu fin coa representación da obra gañadora, "Todo por un reino", a cargo de alumnos do IES Rosalía de Castro. Ao finalizar a representación, entregáronse os premios desta edición.