CONSORCIO
O Consorcio entrega as súas publicacións á Biblioteca Pública Ánxel Casal
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou as publicacións deste organismo á Biblioteca Pública Ánxel Casal (avenida Xoan XXIII). Doáronse dous ou tres exemplares de cada un dos 120 libros que integran a colección do organismo interadministrativo.
EDUCACIÓN
O programa "Coñecer as Cidades Patrimonio" trae a Santiago a un grupo de escolares de Córdoba
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saudou aos escolares de 2º de ESO do CPI Miralbaida de Córdoba, que visitan Santiago dentro do programa Coñecer as Cidades Patrimonio. Os rapaces estarán na cidade ata o mércores 13 de maio, nos que realizarán diversas visitas guiadas a puntos de interese.
DEPORTES
As seleccións de baloncesto feminino de España e Cuba enfróntanse en Sar
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou en rolda de prensa o partido internacional que enfrontará ás seleccións de baloncesto feminino de Cuba e España. O partido celebrarase o domingo 17 de maio, ás 18:00 horas, no Multiúsos Fontes do Sar.
TURISMO
"Santiago(é)Tapas 09" aspira a superar as preto de 20.000 tapas consumidas na primeira edición
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a segunda edición do concurso de tapas de Santiago de Compostela, Santiago(é)Tapas, que se desenvolverá entre o 25 de xuño e o 12 de xullo. O concelleiro estivo acompañado polo presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, a responsable de comunicación de Estrella Galicia, Cecilia Babarro, e a subdirectora comercial de El Correo Gallego, Palmira Rodríguez.
XUNTA DE GOBERNO
Listas para o seu comezo as últimas nove obras do FIL
Coa adxudicación definitiva das últimas nove obras financiadas polo Fondo de Investimento Local (FIL), segue a executarse segundo o previsto o programa de execución das 33 obras. Precisamente o martes 12 comezarán seis obras e todas estarán en marcha o 28 de maio.
ALCALDÍA
O alcalde reestrutura as áreas de Goberno para "mellorar a súa eficacia e dar un novo impulso cara o Xacobeo 2010"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou unha reestruturación de varias áreas de Goberno, de tal xeito que varias concellerías cambias de titular e mesmo de denominación para "facelas máis compatibles e coherentes unhas con outras. Este cambio, segundo o alcalde, responde á un desexo de "mellorar a eficacia e de dar un novo impulso cara o Xacobeo e cara a segunda parte do mandato".
MEDIO AMBIENTE
O 20 de maio remata o prazo para solicitar as axudas para a prevención de incendios e fomento das plantacións forestais
A Xunta de Goberno aprobou a data de remate do prazo para a solicitude de subvención que a Concellaría do Medio Ambiente, destinadas a fomentar as plantacións forestais e as rozas e talas co fin de previr incendios forestais. As cantidades destinadas para estas dúas liñas de axudas ascenden a 8.000 e 7.000 euros, respectivamente, e terán que ser solicitadas antes do día 20 de maio.