ALCALDÍA
O alcalde insistiralle ao ministro de Fomento sobre a necesidade do falso túnel para a entrada do AVE
O alcalde compostelán manterá unha xuntanza co ministro de Fomento, José Blanco, para falar sobre o AVE. Será á volta da viaxe que Xosé A. Sánchez Bugallo realizará a Bos Aires e Montevideo entre o 1 e 8 de maio. Nesta xuntanza, insistiralle na necesidade do falso túnel para a entrada do AVE en Santiago a través de Pontepedriña.
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle un ciclo de clásicos do cine de terror
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou dous ciclos de cinema. O primeiro, "Os meus terrores favoritos", celebrarase do 4 ao 8 de maio, e o outro, "No Future", no mes de outubro, ambos no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche dende as 20:15 horas.
PLENO
Nova ordenanza reguladora do Programa de Axuda no Fogar
O Pleno municipal aprobou inicialmente por unanimidade a nova ordenanza reguladora do Programa de Axuda no Fogar. Esta norma regula unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, doméstico, psicosocial, educativo, técnico e comunitario prestadas dentro ou fóra do domicilio a aqueles cidadáns con situacións de limitada autonomía persoal ou en casos de desestruturación familiar.
PLENO
Aprobado inicialmente o regulamento para os casos de acoso psicolóxico no Concello
A responsable de Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, levou ao Pleno a aprobación inicial do Regulamento de Organización e Funcionamento da Comisión de Investigación e Resolución de casos de Acoso Psicolóxico no Traballo.
XUVENTUDE
Finais de folk e pop-rock en "MúsicaXove’09"
A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, celebra o xoves 30, ás 22:00 horas, na Sala Capitol, a súas últimas finais por categorías. Será unha dobre sesión de boa música con grupos de autor-folk (Perpetradores de Actor, Liridade Noctámbula e Roberto Sobrado) e de pop-rock (Frab Fly, Agoraphobia e Dirty Socks).