INFRAESTRUTURAS
A reurbanización do Campus Sur apostará por máis espazos peonís e polo carril bici
O Campus Sur vai a mudar de cara nos vindeiros anos, grazas a un amplo proxecto de reurbanización que dotará a esta área de amplos espazos peonís e dun carril bici ao longo da mesma. A primeira fase desta reforma comezará á volta do verán probablemente na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez, no contorno do estanque.
ALCALDÍA
Constituída a Comisión de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi a constitución da Comisión Informativa de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Nesa xuntanza participaron os responsables de comunicación das trece cidades do Grupo.
ALCALDÍA
O CEESG quere establecer canles de colaboración co Concello en materia socioeducativa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa presidenta e a tesoureira do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), María José Fernández Barreiro e María Jesús Gutiérrez, respectivamente.
EMPREGO
Corenta persoas xa cubriron a enquisa de necesidades formativas da Concellería de Promoción Económica
Corenta persoas xa cubriron a enquisa de necesidades formativas á que se pode acceder a través da páxina web da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo: www.maiscompostela.org. Este cuestionario está situado na páxina principal, debaixo do cadro Compostela traballa.
EDUCACIÓN
Inícianse no Raíña Fabiola as medicións do índice de masa corporal no marco do programa Thao Saúde
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, acompañada polo catedrático e xefe da Unidade de Pediatría do CHUS, Rafael Tojo, e da profesora e doutora Rosaura Leis, visitaron o colexio Raíña Fabiola, onde estiveron tamén co seu director.
BENESTAR SOCIAL
O Concello promove a reinserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos do norte da cidade
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, reuníronse na concellería de Benestar Social coas ONG´s que representan a colectivos con dificultades de inserción laboral e que traballan na zona norte da cidade para informalos do proxecto do Urbana Santiago Norte.