ALCALDÍA
A avenida de Castelao e o tramo dende Vista Alegre ata O Pombal, as primeiras travesías en renovarse
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que, previsiblemente, a avenida de Castelao e o tramo entre Galeras e o Pombal serán as dúas primeiras obras en executarse no marco do convenio de travesías. Os técnicos municipais xa están a supervisar os dous proxectos, co obxectivo de licitalos no mes de xuño, ou mesmo antes.
BENESTAR SOCIAL
O Concello abrirá a Casa das Asociacións de Benestar Social cando se resolvan os defectos da obra e se incorpore o mobiliario
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, compareceu ante os medios de comunicación para indicar que a apertura da Casa das Asociacións de Benestar é "unha prioridade" para ela e para o Concello. Explicou que o feito de que aínda estea pechada ten que ver con "problemas administrativos alleos á vontade do Concello e á miña persoal".
ALCALDÍA
O Concello e o Colexio de Avogados colaboran na ampliación da asistencia xurídica gratuíta
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou no Pazo de Raxoi, un convenio de colaboración co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira. Este acordo establece a implantación e funcionamento dunha quenda de letrados especializados en dereito administrativo e laboral para prestar asistencia e asesoramento xurídico na vía administrativa previa, de cara á formulación dos recursos administrativos procedentes, que na actualidade quedan fóra do ámbito da xustiza gratuíta.
ALCALDÍA
Unha expedición de dez persoas fará o Camiño en 2010 en carruaxes do século XIX
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Raxoi co conde Max von Baden, membro da Familia Real dos Hannover e primo segundo de S.M a Raíña Sofía.
EDUCACIÓN
O Foro 2010 traerá a Santiago unha reunión do Grupo de Alto Nivel da Alianza das Civilizacións
O Consello da Cultura Galega acolleu a III Reunión do Comité Organizador do Foro 2010, que segue a preparar o evento que se desenvolverá en Santiago do 9 ao 13 de decembro de 2010.
CULTURA
O ciclo Sons da Diversidade trae a Compostela o "Projecto Miño"
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, presenta o domingo 26, ás 21:00 horas., no Auditorio de Galicia, o Projecto Miño do Baldo Martínez Grand Ensemble, que estará acompañado nesta ocasión polo mestre zanfoñista francés Valetín Clastrier.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A concelleira de Centros Socioculturais debateu con escolares sobre o filme "O pesadelo de Darwin"
No Centro Social e Cultural do Ensanche, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asistiu ao debate suscitado pola proxección do documental O pesadelo de Darwin cos alumnos e alumnas do colexio Divino Mestre. A sesión encádrase dentro do programa de cinema e medio ambiente Imaxinando e no marco da celebración da Semana Social e Cultural do Ensanche.
XUVENTUDE
Tramaturgia gaña a final de hip hop de "MúsicaXove’09"
A Sala Capitol viviu a final máis disputada das que se levan celebrado ata agora nas dúas edicións do MúsicaXove, certame organizado pola Concellaría de Xuventude. Competían tres grupos de hip hop, Tramaturgia, Mito Escrito e Bronquitis Crónica, que recibiron os aplausos de un público entregado aos ritmos urbanos e letras do hip hop galego.