ALCALDÍA
Sánchez Bugallo explicoulle aos veciños o proxecto de reurbanización das rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo con veciños para explicarlles de forma directa o proxecto dos traballos do Fondo Estatal de Inversión Local, aprobado polo Goberno central, que afectarán a esta zona de Compostela.
CONSORCIO
O Consorcio pon en marcha o proxecto global de conservación e restauración dos retablos de Ánimas
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o proxecto de conservación e restauración global dos retablos da Capela Xeral de Ánimas, tras dous anos e medio de estudo e traballo como base de actuación para o conxunto artístico.
CULTURA
Aberta a sexta edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
Presentáronse en Raxoi as bases do Sexto Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas. O prazo de presentación queda aberto ata o 25 de setembro.
XUVENTUDE
Xuventude presenta unha completa programación para a dinamización sociocultural da mocidade compostelá
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades do departamento para 2009. "Trátase dunha programación moi completa e variada, con multitude de cursos e talleres e actividades centradas na promoción e dinamización sociocultural da mocidade, procurando desenvolver unha política xuvenil de xeito integral, transversal e para a participación dos máis novos", apuntou.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao ministro de Traballo de Costa Rica
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao ministro de Traballo e Seguridade Social de Costa Rica, Francisco Morales Hernández.
COMERCIO
Os comercios gañadores da edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo recibiron as súas bandas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na Edición de Nadal do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: a tenda de moda Saturna, a de complementos infantís Pío Pío, e o estabelecemento de comercio xusto Panxea. O obxectivo do certame, dirixido a todos os comercios da cidade, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a...
ALCALDÍA
A directora da Fundación Semana Verde de Galicia visita ao alcalde
O alcalde departiu coa Directora Xerente da Fundación Semana Verde de Galicia, Paloma Hidalgo, que visitou a Casa do Concello.