XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local asigna nome a 17 novas rúas
A Xunta de Goberno aprobou a asignación de nomes a 17 novas rúas incluídas no SUNP-12 de Lamas de Abade e no SUNP-13 do vieiro da Estrada. Entre os acordos figura tamén a solicitude da autorización para unha operación de crédito de algo mais de 7 millóns de euros e a adxudicación definitiva de catro obras incluídas no Fondo de Inversión Local.
EDUCACIÓN
A nova directora da Escola Municipal de Música aposta pola maior participación das familias na educación musical dos seus fillos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á nova directora da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez Lloria. A continuación, esta explicou, acompañada da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, os seus proxectos, como o da creación dunha ANPA como vehículo que favoreza a participación das familias na educación musical dos seus fillos e fillas.
MERCADOS
A Praza Roxa acollerá un mercado de paxaros, plantas e flores os primeiros sábados de mes
Mostra Natura do Ensanche é o título dunha nova actividade que pretende enriquecer a oferta de ocio do Ensanche. Os primeiros sábados de cada mes, a Praza Roxa acollerá un singular mercado de paxaros, plantas e flores, acompañado de obradoiros infantís.
COMERCIO
Recoñecemento municipal aos comercios composteláns pola súa contribución a facer cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo,recibiu en Raxoi aos representantes dos estabelecementos que serán homenaxeados e premiados na IV Gala do Comercio Compostela, capital de compras, que celebrará o 31 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O Concello concederá a Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Empresarial ao fundador e presidente de Castrosúa
A proposta do alcalde compostelán e presidente do Consello Asesor de Condecoracións, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Pleno do Concello aprobará na súa sesión ordinaria do xoves 26 de marzo a concesión da Medalla de Ouro da Cidade na súa modalidade ao Mérito Empresarial a D. José Castro Suárez, dados os méritos que concorren neste empresario ubicado en Santiago de Compostela, fundador e presidente de empresas punteiras no ámbito da automoción.
ALCALDÍA
Quince procesións, liturxia e un intenso programa musical na Semana Santa compostelá
A Semana Santa volve a ser un punto de atracción para turistas e veciños, cun amplo programa de procesións e actos litúrxicos. Ademais, ven acompañada dunha nova edición dun evento musical xa consolidado e prestixiado como o Festival de Músicas Contemplativas.
RELACIÓNS VECIÑAIS
A nova Casa das Asociacións acolleu o seu primeiro Consello de Relacións Veciñais
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Relacións Veciñais. A reunión celebrouse por primeira vez na recentemente estreada Casa das Asociacións Veciñais, aínda non inaugurada, e onde terá a súa sede a Concellería de Relacións Veciñais e todo o movemento asociativo da cidade.