ALCALDÍA
Axentes da comunidade mineira internacional debaterán en Santiago sobre sostibilidade nas actividades extractivas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a membros da Cámara Oficial Mineira de Galicia, encabezados polo seu presidente, Francisco Aréchaga. Este explicoulle todos os detalles da Conferencia Internacional de Minería Sostible, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións do 15 ao 17 de abril.
TRANSPORTES
Os 401 usuarios de Combici realizaron 2.794 viaxes nos primeiros seis meses do servizo
O Servizo de Aluguer de Bicicletas do Concello, Combici, xerou 2.794 desprazamentos nos seus primeiros meses de funcionamento. O balance fala dunha progresiva implantación deste medio de transporte como alternativa para a circulación pola cidade.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente edita un folleto que explica a evolución da auga ao longo da historia da nosa cidade
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou un despregable sobre a historia da auga na cidade. Acompañárona na presentación Mercedes Vázquez, redactora e coordinadora da edición, e Paula Piñeiro, delegada de Aquagest para área de Santiago, entidade que na actualidade se ocupa da xestión da auga na cidade. O folleto, do que se editaron 10.000 exemplares, será distribuído nos centros educativos, centros socioculturais, asociacións veciñais e tamén nos...
CULTURA
"Emma" abre a programación do ciclo Teatro e Danza en Xira para 2009
A obra teatral Emma abrirá, o venres 27 de marzo, unha nova edición do ciclo Teatro e Danza en Xira, que traerá a Santiago algunhas das representacións máis salientables do panorama español. Serán seis espectáculos que chegarán nos meses de marzo, abril, maio, xuño, setembro e decembro.
ALCALDÍA
O Concello únese á campaña da Fundación +árboles para reverdercer o Camiño con sementes de nendo dango
A Fundación +árboles vai repartir ao longo do Camiño de Santiago e a partir do mes de outubro 150.000 bolsiñas de nendo dango (bola de arxila), co obxecto de reverdecer este itinerario. O Concello de Santiago únese a esta iniciativa e ofreceu á Fundación plantar unha superficie da cidade tamén con esta técnica, tal como a entidade fixo xa en Leganés ou Cornellá.
CONSORCIO
Visita ás escavacións arqueolóxicas no edificio do Banco de España
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou unha visita ás escavacións que se están a realizar no edificio do antigo Banco de España, acompañado por técnicos da entidade e xornalistas. Nas mesmas, puideron observarse os restos descubertos da muralla da cidade do século X.
URBANISMO
A execución orzamentaria de EMUVISSA achegouse ao 106% en 2008, superando os 32 millóns de euros
O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio de 2008, aprobar o informe de xestión e formular unha proposta de aplicación do resultado. Este último preséntase cun beneficio despois de impostos de 1.500 euros.
TURISMO
As pernoctacións en Santiago medran un 10,7% en febreiro fronte á baixada do 15,5% no conxunto de España
O número de pernoctacións en Santiago no mes de febreiro foi de 68.902, cunha suba do 10,7% respecto das 62.210 do mesmo mes do ano 2008, segundo os datos do INE. Santiago obtén estes datos nun entorno de crise económica internacional que está a afectar fortemente ao sector turístico. Así, no conxunto de España as pernoctacións reducíronse neste mes un 15,5% e en Galicia un 16%. No acumulado do ano Santiago suma 127.504 pernotacións, un 6,8% máis que nos dous primeiros meses do 2008.
ALCALDÍA
O alcalde promete a colaboración do Concello na implantación das liñas de ferrocarril de proximidade
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes da Asociación de Amigos do Ferrocarril encabezada polo seu presidente, Carlos Abellán. Na xuntanza estiveron presentes o alcalde de Padrón, Camilo Forján, e o concelleiro delegado de Transportes, Carlos Nieves.