CIDADE HISTÓRICA
Once espazos da cidade histórica ofrecerán Internet de balde grazas á nova rede WIMAX
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, fixo pública a adxudicación da posta en marcha da rede WIMAX para o casco histórico. É o último paso para a implantación desta rede, que estará a pleno rendemento en 2009. Ofrecerá internet de balde en 11 lugares e acceso con tarifas vantaxosas no resto do casco histórico.
ALCALDÍA
Socorro García Conde e Mar Martín asumen sucesivamente a alcaldía en funcións en ausencia de Xosé A. Sánchez Bugallo
Con motivo do seu período vacacional, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, estará ausente entre os días 11 e 24 de agosto. Nestas datas, asumirán a alcaldía en funcións, respectivamente, Socorro García Conde e Mar Martín.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o proceso de nova contratación da xestión das escolas municipais de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou os pregos e iniciou os expedientes para contratar a xestión das escolas infantís municipais das Fontiñas e Conxo. Esta contratación realizarase por un período de catro anos prorrogables.
CULTURA
A música para manivelas de Germán Díaz redescubre para a creación artística a Porta da Música de Chillida
Germán Díaz redescubriu a Porta da Música de Chillida, no parque de Bonaval, para a investigación musical coa súa primeira intervención no Festival dos Abrazos. A Porta da Música é unha escultura de aceiro cortén de 17 toneladas de peso e 3,24 metros de alto que foi concibida polo escultor vasco como "un sincero e emotivo saúdo ao Apóstolo" que tamén quere "reflectir o mellor posible a relación existente entre a escultura, a música e a arquitectura".