ALCALDÍA
O Colexio Peleteiro poderá emprender as obras do seu novo complexo coa vista posta no curso 2009-2010
Pendente dunhas pequenas aclaracións en canto a servizos básicos, a Xunta de Goberno aprobará a licenza das novas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro nas sesións do 22 ou do 29 de xullo. Deste xeito, a propiedade poderá reanudar antes de que remate xullo as obras do complexo educativo de Monte Redondo (Montouto).
ALCALDÍA
A cidade homenaxeou ao Batallón Literario no bicentenario da súa saída para loitar contra a invasión francesa
Dous centos anos despois da súa saída para incorporarase ás tropas do xeneral Blake para loitar contra a invasión francesa, o Batallón Literario foi homenaxeado na praza da Quintana. A ofrenda floral, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse aos pés da placa que lembra esta xesta: "Aos heroes do Batallón Literario de 1808. Os escolares composteláns de 1896 e os concellos de 1822, 1865 e 1896".
FESTAS
Boris Izaguirre, feliz por ser o pregoeiro nunha cidade que o marcou
O pregoeiro das Festas do Apóstolo, Boris Izaguirre, foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, unhas horas antes de dirixirse a todos os composteláns. O venezolano, expresou a súa ledicia por ser escollido para esta tarefa.
FESTAS
Boris Izaguirre evoca os seus anos en Santiago na apertura das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo 2008 botaron a andar co pregón de Boris Izaguirre. Na súa intervención ante o numeroso público que ateigaba a praza do Obradoiro, o escritor e presentador compostelán lembrou a súa vinculación con Santiago, cidade á que chegou en 1992, con 26 anos.
FERRADURA ABERTA
Case 7.000 rapaces participaron nas primeiras catro xornadas de Ferradura Aberta
Nos catro primeiros días de Ferradura Aberta 2008, pasaron pola Alameda 6.805 nenos. Isto deixa unha media diaria de 1.700 participantes.
CIDADE HISTÓRICA
Convenio para a reurbanización do espazo público en tres áreas do Casco Histórico
A concelleira de Rehabilitación e Cidade, Olga Pedreira, mantivo a súa primeira xuntanza coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas. Nesta reunión, na que tamén estivo presente a tenenta de alcalde do Concello e anterior concelleira de Rehabilitación, Socorro García Conde, acordaron un convenio de colaboración para a reurbanización do espazo público en tres áreas do Casco Histórico.