DEPORTES E MOBILIDADE
O Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Roxa para presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña
O Concello de Santiago colocará unha pantalla xigante na Praza Roxa para todos aqueles afeccionados que queira presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña o domingo 29 ás 20:45 horas. Esta instalación conta co patrocinio de Caixanova.
PLENO
O Pleno deu o visto bo aos orzamentos
Nunha sesión extraordinaria e monográfica, o Pleno municipal aprobou cos votos favorables do grupo de goberno os orzamentos municipais de 2008. O orzamento prevé uns ingresos de 114.527.021 euros e uns gastos 114.196.267 euros, cun superávit inicial de 330.753 euros.
URBANISMO
Vía libre ao parque científico e tecnolóxico máis importante de Galicia
A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño daralle o visto bo á nova aprobación inicial do plan de desenvolvemento do solo urbanizable non programado número 32 de Monte Medorra-Bando, onde se construirá o parque tecnolóxico e científico de San Marcos. Suporá a posta en marcha dun plan mellorado do que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicaron en rolda de prensa as principais características.
O alcalde de Santiago será o Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O Rei Juan Carlos designou ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago.
MOCIDADE
Sinestesia e GS21 gañan na última xornada do I Certame "MúsicaXove"
A música pop e os ritmos folk invadiron o venres 27 de xuño a Sala Capitol, onde centos de persoas asistiron ás dúas últimas finais da primeira edición do certame MúsicaXove´08.