MERCADOS
As rúas do casco histórico albergarán un mercado medieval do 3 ao 6 de xullo
O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, presentou as actividades do Mercado Medieval que acollerán as rúas do casco histórico entre o 3 e o 6 de xullo. Os composteláns e os visitantes atoparanse cunha recreación da vida da época, con ambientación, traxes, posta en escena e diversas actividades.
ALCALDÍA
O alcalde únese á esixencia do comezo inmediato das obras do AVE en Serrabal
O alcalde compostelán uniuse á esixencia manifestada polo presidente da Xunta do comezo inmediato das obras do AVE nos terreos da mina de Serrabal. "As obras teñen que comezar xa e espero que a ocupación dos terreos se faga dun modo inmediato e pacífico", indicou Sánchez Bugallo.
ORZAMENTOS
O Goberno local aproba un orzamento de 114 millóns de euros
O concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, presentou as principais características dos orzamentos municipais de 2008, tras a Xunta de Goberno extraordinaria na que quedaron aprobados. O orzamento prevé uns ingresos de 114.527.021 euros e uns gastos 114.196.267 euros, cun superávit inicial de 330.753 euros.
HOMENAXE
Santiago de Compostela rende homenaxe a Paulo Coelho
A capital galega renderá homenaxe ao escritor Paulo Coelho o luns 23 de xuño, para agradecerlle "o seu intenso labor de divulgación e promoción de Santiago de Compostela e do Camiño de Santiago a través das súas obras".