BENESTAR SOCIAL
Seiscentos escolares achegáronse ao fenómeno da inmigración a través dos programas "Xuntos" e "En cada rostro igualdade"
Un total de 595 alumnos de seis centros escolares participou nas campañas Xuntos e En cada rostro igualdade, promovidas pola Concellería de Benestar Social en colaboración co Foro de Inmigración. As campañas pretendían achegar aos máis novos ao fenómeno da inmigración e desbotar estereotipos sobre o mesmo.
XUNTA DE GOBERNO
Novas obras na Casa das Asociacións Veciñais e na Ludoteca
O Goberno local adxudicou novas obras na Casa das Asociacións Veciñais e na Ludoteca municipal. Trátase de acometer os respectivos proxectos modificados, necesarios para rematar as dúas instalacións.
MEDIO AMBIENTE
Outorgadas as 29 autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís
A Xunta de Goberno local outorgou as 29 autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís, así como a lista de agarda. Estas concesións fanse a proposta da comisión avaliadora, que determinou aqueles usuarios que cumprían as condicións de acceso.
DEPORTES
Parabéns do alcalde para o Cidade de Santiago
A directiva, o cadro técnico e os xogadores do club Cidade de Santiago foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, un día despois de conseguir o ascenso á Segunda División B.
TURISMO
Máis de trinta hostaleiros fórmanse no curso de Tapas de "Santiago(é)Tapas"
Máis de 30 bares e restaurantes de Compostela participaron no Curso de Tapas, que a Concellaría de Promoción Económica e Turismo organizou o luns16 no Centro de Formación Profesional de Lamas de Abade, como unha actividade formativa complementaria ao I Concurso de Tapas Santiago(é)Tapas. Con este curso búscase que os estabelecementos participantes poidan afondar no mundo das tapas de cara ao Concurso de Tapas, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 13 de xullo.