URBANA SANTIAGO NORTE
Santiago, seleccionada dentro da Iniciativa Urbana 2007-2013
O Ministerio de Facenda acaba de facer público o nome das 43 cidades españolas seleccionadas no programa Iniciativa Urbana 2007-2013, para impulsar proxectos de desenvolvemento urbano sustentable. Santiago de Compostela e o seu proxecto Urbana Santiago Norte foi unha das elixidas e recibirá 8 millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
EMPREGO
A Bolsa de Emprego xestionada por Promoción Económica supera as 1.600 persoas na súa base de datos
A Bolsa de Emprego que xestiona a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten na súa base de datos 1.622 persoas inscritas, das que o 67% son mulleres. No que vai de 2008, o servizo incorporou á súa base de datos 219 novas solicitudes. Destas, 147 son mulleres e 72 homes.
EDUCACIÓN
Un curso formará ao persoal dos servizos de seguridade sobre comportamentos ante os accidentes viarios
A Asociación Stop Accidentes e a Concellería de Educación realizarán o martes 17 de xuño un Curso de formación en intervención psicosocial con vítimas da violencia viaria. A sesión, que de desenvolverá no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, está dirixido ao persoal dos servizos de seguridade: Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella, Urxencias Sanitarias de Galicia, Policía Nacional e outros profesionais interesados.
TRANSPORTES
Os consorcios de transporte, a debate nunhas xornadas técnicas
O Concello e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), organizan as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano. Celébranse os días 12 e 13 de xuño baixo o lema "Os consorcios de transporte, o novo escenario".
SEGURIDADE CIDADÁ
Compostela reúne a destacados expertos internacionais nos incendios en cascos históricos
Os días 11 e 12 de xuño, o Auditorio de Galicia, acolle as II Xornadas Técnicas sobre Incendios en Cascos Históricos. Este encontro trae a Santiago a distintos especialistas internacionais nesta materia.
ALCALDÍA
A revista "Capital" premia ao Consorcio pola súa contribución ao desenvolvemento da cidade
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega dos premios outorgados pola revista Capital. O Consorcio da Cidade de Santiago foi premiado na categoría de institucións.