MOBILIDADE E EDUCACIÓN
O Concello únese por segundo ano a unha campaña para promover o uso das cadeiras infantís nos vehículos
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Santiago, en colaboración co Real Automóbil Club de España (RACE), a Comisión Europea e o Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE) do Ministerio de Educación e Ciencia, presentan a campaña "Aprende a ir suxeito no coche con Pillo o Armadillo". O seu obxectivo é concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia de ir correctamente suxeitos no vehículo por medio de cadeiras de seguridade.
ALCALDÍA
O alcalde viaxa a Italia para acudir á cerimonia de irmandamento con Assisi
O acto de irmandamento será ratificado na nosa cidade por unha delegación de Assisi que viaxará a Compostela coincidindo coas festas do Apóstolo.
CULTURA
Bengala Producións converte unha ópera de Stravinsky nunha enxeñosa obra de teatro para rapaces
Historia do soldado, de Igor Stravinsky, con texto de Charles-Ferdinand Ramuz, é o segundo espectáculo de Bengala Producións dentro do proxecto Ópera en Familia, iniciado en 2006 coa ópera Bastián e Bastiana. Agora chega ao Teatro Principal, con dúas representacións: os venres 9 ás 20:00 e o sábado 10 ás 18:30 horas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo apela á posta en valor do concepto de terceira idade e á súa participación activa na sociedade
O Palacio de Congresos e Exposicións acolle entre o mércores 7 e o xoves 8 de maio o X Congreso Nacional e XXI de Galicia de Aulas de Terceira idade, organizados respectivamente pola Confederación Española de Aulas da Terceira Idade e pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos.
EDUCACIÓN
Un paseo matemático por Compostela
Co motivo da celebración o 12 de maio do Día Escolar das Matemáticas, a Concellería de Educación e a Asociación Galega de Profesores de Educación matemática (AGAPEMA) organizan un "Paseo matemático guiado pola cidade de Compostela". O paseo realizarse o xoves 8 de maio, ás 18:00 horas.