ALCALDÍA
O Maratón de lectura da Fundación Granell recorda a traxectoria literaria do artista
O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Granell, Xosé A. Sánchez Bugallo, abriu o Maratón anual de lectura desta entidade, dedicado este ano á novela de Eugenio Granell Lo que sucedió..., publicada en 1967 e gañadora do Premio Don Quijote en México.
DEPORTES
Actividades de balde e para todos no Día do Deporte
Compostela vivirá o sábado 31 do maio unha nova edición do Día do Deporte. Esta xornada, que sirve para pechar as campañas deportivas municipais do curso 2007-2008, será unha boa oportunidade para practicar diversos deportes e de balde no multiusos Fontes do Sar e nas piscinas de Santa Isabel. Baloncesto, fútbol sala, waterpolo, loitas olímpicas, tiro con arco ou atletismo serán algunhas das disciplinas dispoñibles.
EDUCACIÓN
A Escola de Verán de Inglés abre novamente as súas portas
O IES Rosalía de Castro acollerá a sétima edición da Escola Municipal de Verán de Inglés, que abrirá as súas portas durante todo o mes de xullo. Participarán alumnos de 6 a 15 anos, en horario de 8:30 a 14:00 horas. O prezo é de 160 euros para o mes completo e de 100 euros para a quincena.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a experiencia e profesionalidade do novo xefe do Parque de Bombeiros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao novo xefe do Parque de Bombeiros, Jesús Martínez. Este sucede no cargo a Cesáreo Rey, que deixará no verán o seu cargo por xubilación o 16 de agosto, pero que ata entón disfruta das súas vacacións pendentes.
EMPREGO
O servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego recibiu 5.031 consultas en cinco meses
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego que xestiona a Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 5.031 consultas nos cinco primeiros meses de 2008. 2.635 peticións de información, o 52,38%, foron de persoas que pasaron polas oficinas do programa, situadas no número 100 da rúa do Hórreo. O resto, 2.396 consultas, o 47,62%, atendéronse a través do teléfono 981 568 752. 3.298 consultas, o 65,55%, foron realizadas por mulleres.