DEPORTES
Compostela vivirá o 31 de maio un novo Día do Deporte
O Goberno local aprobou a celebración, un ano máis, do Día do Deporte, que este ano 2008 terá lugar o sábado 31 de maio. Esta actividade final pon fin aos diferentes programas e campañas deportivas desenvolvidas ao longo do curso 2007/2008.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello pon en marcha por noveno ano as viaxes culturais por Galicia para os veciños
A Xunta de Goberno aprobou un gasto de 17.995 euros para a realización do programa de viaxes culturais Coñecendo o país, a cargo da Concellaría de Relacións Veciñais. Esta iniciativa chega á súa novena edición.
UMAD
A UMAD crea un espazo de encontro entre adultos e adolescentes para falar sobre o botellón
A biblioteca do IES Xelmírez I acollerá mañá martes, 27 de maio, entre as 16:30 e as 18:00 horas, unha mesa redonda denominada "Diálogo a tres voces" sobre o tema do botellón, organizada pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) no marco das súas campañas de prevención do alcoholismo. Na mesma, os alumnos deste instituto expoñerán as suas conclusións e intercambiarán os seus pareceres con adultos coñecedores deste tema.
URBANISMO
Emuvissa adxudica as obras do SUNP-11 do Castiñeiriño á UTE FCC-ALOASA
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse no Pazo de Raxoi o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), no que se acordou a ampliación do contrato das obras de urbanización do Polígono 1 do SUNP-2 de Cornes por importe de 124.143 euros.
TURISMO
Usuarios de 65 países visitan a web de Curtocircuíto
O sitio www.curtocircuito.org rexistrou 2.336 entradas dende que o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago abriu o prazo de inscrición no mes de abril.