ORZAMENTOS
Os orzamentos de 2008 incrementan a capacidade de investimento ata os 30 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o tenente de alcalde, Néstor Rego; e o concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña, presentaron o acordo de orzamentos para 2008. A cifra final de gasto sitúase nos 115.714.451 euros, unha cifra semellante á de 2007, pero cunha maior capacidade de investimento grazas ao saneamento das contas municipais.
ALCALDÍA
O Concello prevé construír tres novas escolas municipais
Despois de visitar a Escola Municipal de San Roque, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que, aberta esta e as do Polígono do Tambre e da praza da Constitución, o Concello ten prevista a construción de tres novas escolas municipais. Estas situaríanse no Castiñeiriño, en Santa Marta e na parte norte da cidade.
ALCALDÍA
Santiago terá listo o seu Plan Estratéxico á volta do verán
Rematado o traballo do PXOM, a seguinte gran tema entre as prioridades do Concello será ter listo o Plan Estratéxico. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen apuntou que á volta do verán estará listo o Plan, cuxo documento de conclusións xa foi presentado.
CULTURA
Preséntase "Os peregrinos invisíbeis", primeiro disco dos sete que conforman a colección Órganos de Compostela
O Pazo de Raxoi acolleu a presentación do primeiro disco da colección Órganos de Compostela, que vai incluír un total de sete obras, unha por cada órgano histórico da cidade. Os peregrinos invisíbeis foi gravado no órgano da Igrexa da Universidade e interpretado polo francés Bruno Forst.
ALCALDÍA
As linguas minoritarias reivindican o seu espazo na prensa internacional
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos participantes na Conferencia Internacional de Diarios en Linguas Minoritarias e Multilingüismo na Unión Europea, que se celebra en Santiago do 15 ao 17 de maio.
COMERCIO
Un programa de Promoción Económica permite a empresas e comercios obter descontos en publicidade
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, acaba de subir á súa páxina web www.maiscompostela.org o Protocolo de adhesión ao convenio marco para a execución do programa de acceso á comunicación e publicidade destinado ao sector comercial/empresarial do Concello de Santiago.