ALCALDÍA
O Concello apoiará o proxecto de Santiago Centro para implantar os serenos no Ensanche como plan experimental
Os responsables da Fundación Santiago Centro mantiveron unha reunión co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e cos responsables de Seguridade Cidadá e de Promoción Económica, Marta Álvarez-Santullano e Xosé Manuel Iglesias. Analizado o estudo de viabilidade, Sánchez Bugallo manifestou o "interese" do Concello en levar adiante este proxecto, pero sempre "coma un plan piloto ou experimental nun período de dous ou tres anos".
INFRAESTRUTURAS
A redacción dos proxectos das obras do convenio de travesías licitarse en outubro
Unha vez autorizado polo Consello da Xunta o convenio entre a Consellería de Política Territorial e o Concello para a mellora de varias travesías de acceso a Compostela, unicamente queda por fixar a data da sinatura do mesmo. Deste xeito, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, está previsto que en outubro poida sacarse a licitación a redacción dos distintos proxectos.
CIDADE DA CULTURA
Sánchez Bugallo destaca a importante mobilización social a favor do proxecto da Cidade da Cultura
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "moi importante" a mobilización social en prol do proxecto da Cidade da Cultura. Na súa opinión, "máis alá de cuestións opinables", todas as manifestacións neste sentido "coinciden en que é irreversible e fundamental para Galicia e Santiago".
CULTURA
Maxia e fantasía para o público infantil da man da obra "Golulá"
O Teatro Principal acolle o sábado 8 e o domingo 9 a representación de Golulá, a cargo de Galitoon Productions. O espectáculo é unha invitación a unha viaxe a un mundo misterioso e marabilloso, un alegato á fantasía conseguida a través de diferentes técnicas, do ritmo e da musicalidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Semana Cultural de Conxo alcanza unha nova edición adaptada plenamente á evolución do barrio
Do 10 ao 15 de setembro, o Centro Sociocultural de Conxo celebra unha nova edición da súa Semana Cultural. Xa son 22 entregas desta iniciativa, que chega cargada de música, teatro, xogos, talleres e exposicións.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza un Curso de Electricista de Edificios destinado a mulleres desempregadas
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza un Curso de Electricista de Edificios, destinado a mulleres desempregadas. O proceso de selección terá lugar o martes, 11 de setembro, de nove da mañá a dúas da tarde, na porta 9 do Estadio de San Lázaro, situado na Avenida Fernando Casas Novoa, número 20.