EDUCACIÓN
Os centros escolares de Compostela teñen xa á súa disposición a oferta de programas e recursos de Educación para o curso 2006-2007
Como cada comezo de curso, a Concellaría de Educación presenta a oferta de programas e recursos para os centros escolares. A responsable do departamento, Guadalupe Rodríguez, cualificou a guía deste ano como "ampla, diversa e completa", co obxectivo de lograr "un ensino integral".
CULTURA
Chega ao Teatro Principal a premiada "As últimas lúas", de Lagarta Lagarta
Unha nova obra de teatro galego chega a Compostela. Nesta ocasión é a compañía Lagarta Lagarta a que trae As últimas lúas, unha obra que vén avalada polo premio do público no último Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. As representacións terán lugar o mércores 12 e o xoves 13, ás 21:00 horas.
CULTURA
Nove meses da mellor música clásica nunha nova tempada de abono do Auditorio de Galicia
Logo de varios meses de traballo conxunto, a Real Filharmonía xa ten perfilado os seus concertos para a tempada 2007/2008, que iniciará o 27 de setembro cun concerto na Catedral de Santiago. O 4 de outubro, xa no Auditorio, a orquestra ofrece unha actuación que servirá de inauguración do curso académico da Universidade compostelá.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Case 200 persoas asisten as sesións informativas impartidas polo Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá
Un total 199 persoas asistiu ás sesións informativas impartidas polo Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, formado por unha psicopedagoga, unha mestra infantil e unha psicóloga. Ademais, entre marzo e setembro, este persoal realizou intervencións de asesoramento, a maioría sobre problemas de conduta, e deseño de programas específicos de estimulación precoz; dos que se beneficiaron 24 menores de entre cero e seis anos. O...