ALCALDÍA
Todos os aparcadoiros públicos en réxime de concesión cobrarán por minuto a partir de setembro
Na súa última rolda de prensa antes das vacacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, informou que queda pendente de aprobación, para unha vindeira Xunta de Goberno no mesmo mes de agosto, a modificación do réxime tarifario dos aparcamentos públicos xestionados en réxime de concesión administrativa. En calquera caso, segundo dixo, a adaptación ao novo réxime de tarifas por minuto vai supor unha subida media dun 1,5% nos prezos.
ALCALDÍA
Néstor Rego e Mar Martín asumirán a Alcaldía en funcións en ausencia de Sánchez Bugallo
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, deixa as súas funcións por vacacións entre o 9 e o 23 de agosto. Neste período, asumirán a alcaldía accidental Néstor Rego e Mar Martín.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Conxo continúa coas súa actividades tamén en agosto
Agosto tamén é un mes cheo de actividades no Centro Sociocultural de Conxo, con especial atención ás destinadas aos máis novos. Ao longo das semanas sucederanse distintos talleres, xogos, actividades deportivas, exposicións e excursións.