CULTURA
O Concello únese á difusión da obra de Rosalía de Castro
O concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, asinaron un convenio no que se fixa a colaboración en diversos eventos de difusión da cultura galega. O Concello, que é patrón da Fundación, achega 7.000 euros.
TURISMO
Unha cita turística coas igrexas de Compostela
Santiago de Compostela conta con 30 igrexas históricas. Estas foron levantadas ao longo dos séculos polo propio Arcebispado, a iniciativa das moitas ordes relixiosas presentes na cidade, ou como mostra de devoción das confrarías e dos composteláns máis adiñeirados. Turismo de Santiago, a través do seu operador, Compostur, invita a coñecer estes monumentos a través dunha visita guiada, novidade este verán e incluída nos "Compostela Walking Tours".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 31 de agosto remata o prazo para solicitar os incentivos a empresas de Promoción Económica
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo destina 40.000 euros a incentivos para a creación de novas empresas en Santiago dentro do programa Compostela Activa 2007. O obxectivo do Departamento é axudar económicamente aos novos proxectos empresariais ou novos autónomos a consolidar os seus negocios.