FUNDACIÓN GRANELL
Unha bufanda para lembrar a Valle-Inclán
A Fundación Eugenio Granell dedícalle un programa de actividades ao insigne escritor galego Ramón María del Valle-Inclán. Comezou o 7 de Marzo, data de regreso de Valle a Compostela, coa realización do acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura do escritor na Alameda de Santiago.
AUDITORIO DE GALICIA
A pianista rusa Valentina Igoshina chega a Santiago para acompañar á Real Filharmonía de Galicia
O mestre Ros Marbá ponse de novo ao fronte da Real Filharmonía nun concerto protagonizado pola pianista rusa Valentina Igoshina, que interpretará o "Concerto para piano nº 21", de Mozart. Será o xoves 8, nun novo concerto do programa de abono do Auditorio de Galicia.
CULTURA
O Molière máis divertido da man de Teatro do Morcego
Chega ao Teatro Principal outra obra de Molière, esta vez da man de Teatro do Morcego. Esta vez represéntase, os días 8 e 9 de marzo, "O burgués fidalgo", una sátira na que o dramaturgo francés critica aos novos ricos que desexan aparentar o que non son.
EDUCACIÓN
O Programa de educación pola mobilidade segue a concienciar sobre hábitos viarios seguros aos alumnos de cuarto de primaria
Continúan a desenvolverse as sesións didácticas do Programa de educación pola mobilidade, organizadas pola Concellería de Educación e Mocidade en colaboración coa Fundación RACC. Esta iniciativa, na que participarán 262 alumnos de 11 centros de ensino, forma parte á súa vez do programa municipal "Onde está o perigo".
BENESTAR SOCIAL
Santiago, a primeira cidade de España en recibir o premio Reina Sofía de Accesibilidade
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxou a Madrid para recoller o Premio Reina Sofía de Accesibilidade 2006 que se concede este ano por primeira vez a poboacións. Compostela acadou o galardón na máxima categoría, que premia a cidades de cen mil habitantes en adiante.