SANIDADE
O refuxio de Bando deu máis animais en adopción que recolleu no que vai de ano
15/02/2006
Ler máis
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, visitaron o mércores 15 de febreiro ás 12 horas o refuxio de animais de Bando, que comezou a funcionar a principios de 2005 con carácter municipal. Prevese que a partir do vindeiro mes de marzo o refuxio pase a acoller animais doutros municipios da comarca.
CULTURA
Goran Bregovic abrirá o novo ciclo de Sons da Diversidade
15/02/2006
Ler máis
Unha revisión do mito de Carmen, reformulado dende a auténtica cosmovisión xitana de Goran Bregovic será o espectáculo encargado de abrir o novo ciclo de Sons da Diversidade, que organiza a Concellaría de Cultura, este domingo 19 de febreiro no Auditorio de Galicia.