TURISMO
Aer Lingus comunicará directamente Santiago con Dublín dúas veces por semana
A noticia, confirmada por Turismo de Santiago, converte á aeroliña irlandesa na cuarta compañía de baixo custo en apostar polo aeroporto compostelán para operar conexións directas.
BENESTAR SOCIAL
A escola de Carballal convertirase o vindeiro curso nun centro de día para persoas de espectro autista
A Casa do Concello acolleu a formalización da cesión do uso, por parte do municipio compostelán, da antiga escola de Carballal-Villestro á Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista da Coruña (ASPANAES), que a empregará como Centro de Día.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de A Rocha inaugura unha exposición que recupera a memoria do barrio
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, inaugurou esta tarde a mostra ‘A Historia vai por barrios’ no Centro Sociocultural de A Rocha. A experiencia ten como obxectivo recuperar o patrimonio cultural do barrio a través da recollida das fotos, tradicións e historias que aportan os veciños.
ORZAMENTOS
Os orzamentos para 2007 aumentan en 15 millóns de euros con respecto ao ano pasado
O concelleiro de Facenda e Orzamentos, Xoaquín Leiceaga, presentou esta tarde a memoria dos orzamentos do Concello, que se analizarán mañá, xoves 21, na Xunta de Goberno extraordinaria, e que se aprobarán, previsiblemente, no pleno ordinario do día 28 de decembro.
PREMIOS NADAL
Xoguetes e libros para os gañadores do concurso de carteis de Nadal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coas concelleiras de Educacion, Elvira Cienfuegos, e de Benestar Social, Adelaida Negreira, foi o encargado de entregar os premios do concurso de carteis e do programa de Nadal 2006.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta o seus plans para o 2007 á Asociación de Hostalería
A xuntanza dos responsábeis de Turismo de Santiago co cadro directivo da Asociación de Hostalería de Santiago e Comarca servirá á empresa municipal de turismo para adiantar ao sector os seus plans de traballo no 2007.
CULTURA
Galaxia e a concellaría de Cultura presentan os primeiros números da Biblioteca Compostela
A Concellaría de Cultura e a Editorial Galaxia presentan tres das máis recentes novidades editoriais europeas na nosa lingua. Estes tres e máis a novela que sexa galardoada co Premio de Novela Europea Casino de Santiago abren este ano a colección Biblioteca Compostela. O concelleiro Néstor Rego, o presidente de Galaxia, Vítor Freixanes, o director de edicións, Carlos Lema, e a tradutora Eva Almazán, estiveron no Casino presentando A casa dos encontros, de Martin Amis, A pensión Eva, de Andrea Camilleri, e A medición do...