FUNDACIÓN GRANELL
Un taller achegará aos nenos á obra da artista Joanna Domanska
O departamento pedagóxico da Fundación Granell organiza para os días 30 e 31 de marzo un obradoiro dirixido aos máis pequenos na sede desta fundación, o Pazo de Bendaña.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Novos cursos formativos para as asociacións veciñais de Compostela
Do 1 ao 18 de abril recolleranse as propostas formativas que as asociacións veciñais queiran incorporar á súa programación anual.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha campaña promoverá o uso de Internet entre os composteláns
O coordinador en Galicia de Todos en Internet, César Jiménez, e a concelleira de Centros Socioculturais do Concello, Mercedes Rosón, explicaron como se desenvolverá esta campaña en Compostela, onde estará instalada un aula móbil ata o 7 de abril.
EDUCACIÓN
O Concello renova o convenio de colaboración coa Escola Don Bosco
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director da Escola de Tempo Libre e Animación sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron a renovación dun convenio de colaboración para participar no proxecto Servizo Local de Accións do Programa Europeo "Xuventude" durante o ano 2005.
TRANSPORTE URBANO
A mellora da calidade do servizo de transporte urbano, obxecto dunha nova ordenanza
O Concello abordará no próximo Pleno, o xoves 31 de marzo, a "Ordenanza do servicio de transporte urbano colectivo da cidade de Santiago de Compostela", que ten por obxecto a mellora da calidade do servizo a das prestacións ao cidadán.
PLENO ORDINARIO
Convocado o Pleno da Corporación para o xoves 31 de marzo
A nova ordenanza do servizo do transporte colectivo urbano de Santiago de Compostela, a proposta de adhesión á rede española de Cidades Saludables e a carta de cidades educadoras, na orde do día deste Pleno.