SEMANA SANTA
Comeza a Semana Santa en Compostela
Centos de persoas acompañaron a procesión do Domingo de Ramos, coa tradicional imaxe de Xesús sobre a "borriquita". Durante os vindeiros días, as rúas de Compostela acollerán perto dunha ducia de procesións.
DÍA DA ÁRBORE
Rapaces de institutos composteláns plantarán árbores no Paxonal
Os rapaces de Compostela celebrarán os Días da Árbore e da Auga á volta de Semana SAnta coa plantación de cincuenta árbores autóctonos na zona do Paxonal.
MEDIO AMBIENTE
Amplíase o sorteo do contedor amarelo 15 días máis
Ata o vindeiro 31 de marzo, os composteláns poderán seguir depositando bolsas nos contedores amarelos para participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural.
EDUCACIÓN
Convócase a 3ª edición dos Premios Educacompostela
O Concello de Santiago e a Nova Escola Galega veñen de convocar a terceira edición dos "Premios Educacompostela", co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir os materiais educativos que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galiza.