CULTURA
Máis de 55.000 persoas participaron nun Festiclown cada vez máis internacional
Máis de 55.000 persoas nos diversos espectáculos e a máis alta valoración de artistas e público falan do éxito da oitava edición do Festiclown, a cuarta que se celebra en Santiago. O evento segue a incrementar cada ano a súa difusión e a consolidarse como un dos mellores festivais do mundo.
CULTURA
As reflexións sobre o cotián de Pepe Viyuela pechan o Festiclown
O Festiclown chega ao seu fin por este ano e faino cunha actuación estelar. Pepe Viyuela estará no Teatro Principal para representar, a partir das 22.00 horas, o seu espectáculo "Encerrona". Antes e no mesmo escenario, Mofa e Befa presentan "Sempre ao lonxe".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "O PXOM de Santiago é modélico dende o punto de vista medioambiental"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa confianza en que o PXOM de Santiago non se vexa afectado pola Lei 9/2006 sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Neste sentido, lembrou que o Plan é "modélico dende o punto de vista medioambiental" e que xa inclúe un informe favorable da Consellería de Medio Ambiente.
REHABILITACIÓN
O Programa de Edificios Tutelados porá a disposición dos cidadáns alugueiros asequibles no casco histórico
A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentou a primeira convocatoria do Programa de edificios tutelados. A iniciativa é o froito de "aunar forzas entre o Concello, o Consorcio e Emuvissa para seguir traballando nas políticas de rehabilitación e de vivenda", apuntou. Grazas ao Programa, os cidadáns poderán acceder a alugueiros con prezos asequibles nun marco privilexiado como é a zona histórica.
CULTURA
As acrobacias e os malabares protagonizan a penúltima xornada do Festiclown
A compañía mallorquina Res de Res trae ao Festiclown "Tempos", un espectáculo innovador cheo de acrobacias aéreas e música en directo. Esta nova actuación dentro da Mostra Internacional completa un día protagonizado por esta técnica e polos malabares.
CULTURA
"Feitoamán" completa a ampla oferta musical de Compostela para o mes de agosto
"Feitoamán" engádese á ampla oferta musical da cidade para o mes de agosto. As rúas e prazas da cidade histórica serán escenario da actuación de dez formacións dende o 14 de agosto ao 3 de setembro. O evento está organizado pola Concellería de Cultura e pola Asociación Cultural de Cidade Vella.
BENESTAR SOCIAL
O Concello merca seis máquinas de coser para o cárcere de Teixeiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou seis máquinas de coser ao Centro Penitenciario de Teixeiro, que se empregarán no taller de costura. A adquisición das máquinas por parte do Concello fíxose cos cartos da última edición do premio de investigación Xohana Torres, que na súa última edición quedara deserto.
CULTURA
O humor absurdo de Faemino e Cansado chega ao Festiclown
A xornada do venres 4 no Festiclown ten como prato forte a actuación no Principal, a partir das 22:00 horas de Faemino e Cansado. "Son dos" é o título do seu espectáculo, no que de novo recorren ao seu absurdo e inclasificable humor para reflexionar sobre a vida.
CULTURA
A Alameda vólvese máxica da man dos monicreques
"Galiza Máxica" é o título do espectáculo que Os Monicreques de Kukas ofrece en Compostela os días os días 7, 8, 9, 16, 17, 21, 22 e 23 do mes de agosto no Paseo Central da Alameda, ás 22:45 horas. A Concellaría de Cultura presenta esta obra, na que os personaxes son encarnados por marionetas mixtas de fíos, gatiños e variñas de creación propia e de gran formato.
CULTURA
Música tradicional no casco histórico para as noites de agosto
As rúas e prazas da zona histórica encheranse dos ritmos tradicionais galegos do 7 ao 31 de agosto. Un total de 20 actuacións compoñen o programa da terceira edición de Música na Rúa, unha invitación a gozar das noites do verán en Compostela.