ALCALDÍA
Compostela fai a súa achega ao novo Estatuto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu na Comisión para a Reforma do Estatuto, onde demandou que o novo texto recoñeza plenamente a Santiago como capital de Galicia. Ademais desta proposta, reclamou "fórmulas" que garantan a equidade na prestación de servizos nas sete grandes cidades e unha defensa "clara e nítida" da lingua galega.
DEPORTES
Un gol para un premio
A fotografía "Gol", de Antonio Hernández Ríos, foi a gañadora do IX Concurso de Fotografía Deportiva, organizado pola Concellaría de Deportes. Un total de 42 instantáneas presentáronse a este certame, que premia as mellores fotografías con temas deportivos ou relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva.
EDUCACIÓN
Inglés no verán sen saír a fóra
Ata 100 rapaces e rapazas de seis a doce anos poderán participar na English Summer School "Good morning, kids", a proposta da Escola Municipal de Verán de Inglés. "É unha proposta de interese para as familias que queiran aproveitar o verán para que os seus fillos melloren o seu nivel de inglés sen mandalos a outro país", apuntou Elvira Cienfuegos, responsable da Concellería de Educación e Mocidade, que organiza este curso en colaboración coa Piccadilly School of English.
ALCALDÍA
Dúas novas mostras lembran os efectos da acción humana sobre o medio natural
A Chocolataría exhibe dúas mostras adicadas ao medio ambiente: unha con debuxos do caricaturista Andrés Rábago "El Roto" e outra coas fotografías de Manuel Sendón. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguraron as exposicións.
INFRAESTRUTURAS
A rúa Ánxel Baltar estrea imaxe
A rúa Ánxel Baltar ofrece dende o mércores 7 de xuño, un aspecto totalmente renovado trala conclusíón dos traballos de urbanización. O Concello de Santiago investiu 290.686,52 euros nestas obras para dotar de nova calzada, aparcadoiros, beirarrúas e zonas axardinadas á rúa que enlaza Mestre Mateo con Rosalía de Castro.
ALCALDÍA
Salvador de Bahía e Santiago, dúas cidades cun grande atractivo turístico
O alcalde de Salvador de Bahía, Joao Henrique da Barradas Carneiro, realizou unha visita institucional ao Concello, onde foi recibido polo rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha delegación levantina visita o Concello
A alcaldesa de Mutxamel (Alicante), Asunción Lloréns, encabezou a delegación levantina que visitou o Concello e que foi recibida pola concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García-Sabell, e polo responsable de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama.
TURISMO
Os hoteis composteláns gañan en maio seis mil pernoctacións sobre 2005
Para o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, ‘o conxunto de indicadores turísticos do pasado mes –con crecementos sobre 2005 do 9,8% nas pernoctacións, 9% nas consultas turísticas e 7% no tráfico de pasaxeiros en Lavacolla - amosan un claro desenvolvemento do sector’.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo comparecerá na Comisión do Estatuto
Este xoves día 8 de xuño ás 11.50 horas, o alcalde compostelán exporá as súas achegas ao novo texto.
REHABILITACIÓN
Presentado aos veciños o Plan de Rehabilitación na Pontepedriña
Os veciños das vivendas do Grupo Compostela e Cardenal Quiroga tiveron na tarde de onte a oportunidade de coñecer os detalles do Plan de rehabilitación integral que xa se presentou na Consellería de Vivenda e Solo e no Ministerio de Vivenda. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o técnico da entidade que realizou o estudo explicaron o proxecto e atenderon as preguntas dos propietarios das vivendas que serán rehabilitadas.