ALCALDÍA
O alcalde recibiu aos participantes no I Encontro Internacional de Escritores "De pedra e de palabra"
O I Encontro Internacional de Escritores "De pedra e de palabra" celebrou a súa segunda xornada. Despois de participar nun debate sobre o "Posible perfil do lector do século XXI e de asistir ao "Espectáculo da palabra", os escritores desprazáronse ata Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TURISMO
Turismo de Santiago aproba unhas contas de máis de 3 millóns e medio de euros para o 2007
O Consello de Administración da empresa municipal Turismo de Santiago-Incolsa aprobou un orzamento de máis de 3 millóns e medio de euros para o exercicio do ano 2007, dos que o Concello de Santiago aportará un 28 por cento. O resto procederá de convenios e dos ingresos propios, que crecerán un 168 por cento.
ALCALDÍA
Recepción aos traballadores de Aquagest, Cespa, Xade e Urbaser
Os traballadores das empresas concesionarias Aquagest Cespa, Xade foron recibidos na Casa do Concello polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen lles desexou un feliz Nadal e lles agradeceu o traballo realizado ao longo do ano que remata.
ALCALDÍA
Parabéns a Compostela Monumental pola concesión do Premio Nacional ao Pequeno Comercio
O alcalde compostelán recibiu en Raxoi ao presidente e á xunta directiva de Compostela Monumental, con motivo da concesión do Premio Nacional ao Pequeno Comercio. Sánchez Bugallo reiteroulles ás felicitacións xa manifestadas ao coñecer o outorgamento desta distinción. Tamén participaron recibiron os parabéns da concelleira de Casco Histórico, Mercedes Rosón; e do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias.
EDUCACIÓN
Clausura do Curso de formación de monitores de tempo libre
Na Escola Municipal de Música, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, participou no acto de clausura do "Curso de formación de monitores/as de tempo libre". Este seminario víñase desenvolvendo dende novembro, organizado polo Concello en colaboración coa Escola de Tempo Libre-Fesan.
CULTURA
Montse Liñares recibiu o premio Antonio Fraguas
O XII Premio de investigación sobre o traxe tradicional galego "Antonio Fraguas" tivo como gañadora á compostelana Montse Liñares Bello, na categoría de traballos analíticos. O alcalde Sánchez Bugallo presidiu o acto de entrega do galardón, ao que asistiu un bo número de persoas ataviadas co traxe galego.
DEPORTES
O deporte compostelán celebrou a súa gala
O hotel Porta do Camiño acolleu a Gala do Deporte compostelán, que distinguiu a diversas personalidades do presente e do pasado do deporte da cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu este evento, repleto de homenaxes e no que se entregou o coche do sorteo de apoio aos clubs federados de Santiago.
CONSORCIO
A Rúa do Sar abrirase o 4 de xaneiro
Nos primeiros días de 2007 concluirá a actual fase de reurbanización da rúa de Sar, co que xa se poderá abrir ao tráfico rodado e peóns. O retraso destas obras, que dan continuidade ás que se levaron a cabo en 2004, afectan ao tramo comprendido entre o paso baixo a avenida de Lugo e o cruce coa rúa do Olvido.
EMPREGO
Un novo programa municipal facilita a conciliación da vida familiar e laboral
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias presentou o "Programa de apoio á eliminación de barreiras para a inserción socio-laboral". O seu obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. O programa consiste na prestación de servizos eventuais e de carácter extraordinario a persoas dependentes, como levar os nenos á escola, acompañar aos maiores ao médico, coidar a un familiar enfermo, etc.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Winnie the Pooh uniuse á Olimpiada Solidaria
Con motivo do espectáculo que se desenvolverá no Multiusos de Sar do 14 ao 17 de decembro, Winnie the Pooh está en Compostela. O peculiar osiño de Disney achegouse ata o Centro Sociocultural de Vite para visitar aos nenos e nenas que están a participar na IV Olimpiada Solidaria de Estudo.