COMERCIO
A tenda de chocolate Xocoátel gaña a edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O xurado do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping elixiu á tenda de chocolate Xocoátel como a gañadora da edición de outono do certame. En segundo e terceiro lugar quedaron o estabelecemento de marroquinería Media Lúa e a tenda de comercio xusto Panxea, respectivamente.
URBANISMO
O Premio Rotthier recoñece o modelo de cidade polo que aposta o Concello de Santiago
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, recolleu en Bruxelas o Premio Europeo Philippe Rotthier 2008, outorgado ao polígono das Fontiñas en recoñecemento á Mellor Calidade de Ampliación da Cidade nos últimos 25 anos.
TRANSPORTES
TUSSA lanza unha nova imaxe adaptada á súa ampla actividade actual
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA) estrea imaxe, cun novo logotipo adaptado á actividade actual da empresa. O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, presentou esta nova xanela gráfica coa que achegarse á cidadanía compostelá.
XUVENTUDE
Xuventude entrega os premios aos grupos gañadores da primeira edición de "MúsicaXove"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a exposición fotográfica do I Certame MúsicaXove’08. Ademais, presidiu a entrega de premios aos gañadores deste concurso, celebrado ao longo do mes de xuño e ao que se presentaron 25 grupos.
AUDITORIO
Marcos Teira abre o Ciclo de Concertos Didácticos da temporada 2008-2009
O Auditorio de Galicia ofrecerá o luns 20 e o martes 21 de outubro, ás 11:00 horas, dous concertos de Marcos Teira, guitarra flamenca, dentro do ciclo Concertos Didácticos.
TURISMO
Sesenta persoas maiores de Ribadeo, Vilalba e Mondoñedo inauguran "As Grandes Curtas"
Sesenta persoas maiores de Ribadeo, Vilalba e Mondoñedo participan na primeira xornada de As Grandes Curtas, unha iniciativa innovadora coa que a Concellaría de Promoción Económica e Turismo, en colaboración coa Secretaría Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Xunta, queren achegar o mundo da curtametraxe ao colectivo maior do país ofertándolles un programa de ocio activo, que inclúe a proxección dunha escolma de curtametraxes, un xantar e unha visita guiada pola Cidade Histórica de Santiago.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia retoma o seu ciclo de música de cámara
A Real Filharmonía de Galicia e a USC poñen en marcha unha nova edición de Música na Compañía, unha serie de concertos de cámara celebrados na igrexa da Universidade. En total serán 18 concertos protagonizados por diversas formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia.
ALCALDÍA
A Aula de Renovación Urbana segue a responder ás necesidades actuais dos centros históricos
A Aula Renovación Urbana alcanza unha nova edición na procura de formación na conservación dos centros históricos e na xestión pública dos mesmos. Arquitectos, aparelladores, historiadores da arte, sociólogos e outros profesionais coa renovación urbana e a rehabilitación participan neste máster.
URBANISMO
O Concello de Santiago recolle en Bruxelas o Premio Rotthier
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, recollerá o sábado18 en Bruxelas o Premio Europeo Philippe Rotthier 2008, concedido o pasado agosto a Santiago en recoñecemento á Mellor Calidade de Ampliación da Cidade nos últimos 25 anos.
MEDIO AMBIENTE
Asínase o protocolo para a constitución do consorcio que xestionará a Vía Verde de Compostela
O luns 20 de outubro, representantes dos concellos de Santiago, Ordes e Oroso asinarán o protocolo para a constitución do consorcio que se encargará de xestionar a futura Vía Verde de Compostela. Este itinerario ecolóxico, máis de 24 quilómetros, que discorrerá entre os tres concellos, é unha iniciativa que ten sido impulsada dende a Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel.