ALCALDÍA
Primeira reunión coa nova xerente de Incolsa
A nova xerente de Incolsa, Maruxa Ledo, mantivo a súa primeira reunión co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, un día antes de incorporarase definitivamente ao seu posto.
ALCALDÍA
Compostela será sede un Congreso Nacional de Artes Gráficas en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Jacobo Bermejo. Este solicitoulle o seu apoio ao Congreso Nacional de Artes Gráficas que a entidade organizará no Ano Santo en Santiago.
ALCALDÍA
A cidade acolle o máis prestixioso congreso europeo sobre tecnoloxías das comunicación
Entre os días 23 e 26 de xuño, a Facultade de Medicina acolle o congreso anual da European University Information Systems (EUNIS). Este é o encontro de maior proxección no ámbito europeo relativo ás Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC). É a primeira vez que este evento se celebra en España.
SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 250 cacharelas arderán en Santiago na noite de San Xoán
A Concellería de Seguridade Cidadá autorizou a realización de 268 cacharelas e sardiñadas, a maioría delas na propia noite de San Xoán, na noite do martes 23 de xuño. En total, trátase de 62 cacharelas públicas e doutras 206 privadas.
XUNTA DE GOBERNO
Obras de reforzo do firme en seis vías públicas por valor de máis de medio millón de euros
A Xunta de Goberno aprobou na súa última sesión varias obras de reforzo do firme, por un valor total de máis de medio millón de euros. Entre outros asuntos, tamén autorizou a licenza de construción do Museo de Historia Natural Luís Iglesias na Finca Vista Alegre, e deu o visto bo aos traballos para a posta en valor da muralla medieval.
TURISMO
Compostela preséntase no Instituto Cervantes de Tokio
Turismo de Santiago, dentro das actividades de promoción do Grupo das Cidades Patrimonio Histórico da Humanidade, estará presente en Xapón os días 23 e 24 de xuño. O obxectivo desta actividade é promocionar as localidades Patrimonio como destinos de turismo idiomático, unha forma de turismo que cada vez ten maior importancia.
COMERCIO
Aprobadas as bases das axudas destinadas a actividades de dinamización comercial
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou as axudas para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial. O prazo de presentación de solicitudes ábrese a partires do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e remata o 13 de xullo.
CULTURA
Talía Teatro estrea a obra "Palabras encadeadas" no Teatro Principal
Presentouse no Teatro Principal a representación de Palabras encadeadas. A nova aposta escénica de Talía Teatro, que parte dun texto de Jordi Gracelán e está dirixida por Artur Trillo, vivirá a súa estrea en Santiago de Compostela os días 25 e 26 de xuño a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 600 escolares traballaron por unha sociedade sen prexuízos grazas ás campañas "Iguais en igualdade" e "Xunt@s"
O Salón Nobre da Casa do Concello acolleu a entrega de diplomas de participación nas Campañas Iguais en igualdade e Xunt@s, desenvolvidas polo Foro de Inmigración en colaboración coa Concellería de Benestar Social. Os alumnos do colexio Eduardo Pondal representaron aos 622 alumnos que participaron nestas dúas iniciativas.
CULTURA
aCentral Folque presenta a súa nova web
Presentouse en Raxoi aos medios de comunicación a nova páxina web de aCentral Folque (Centro Galego de Música Popular): www.folque.com. Esta nova versión do portal ofrece unha estrutura dinámica para difundir as iniciativas da Central e diversa información sobre a música tradicional galega.