ALCALDÍA
Cruceiro do Gaio, redeseño urbano para xerar novos espazos e servizos
Todo o ámbito do Cruceiro do Gaio amosa xa dende hai uns meses o seu novo aspecto urbano, tras unha intervención en varias fases que permitiu gañar novos espazos e conciliar o tráfico rodado co peonil. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a zona acompañado pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e tivo a ocasión de intercambiar impresións cos veciños sobre o resultado final da obra.
EDUCACIÓN
As grandes cidades galegas piden un plan de modernización de centros educativos e a redefinición do modelo de educación infantil
Máis de 200 representantes políticos e técnicos de concellos de Galicia abordaron na I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia: O Proxecto Cotiá da Cidade Educadora celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, un debate que hai uns meses foi iniciado por un grupo de traballo integrado polas sete cidades con maior poboación de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago. O seu obxecto era crear un espazo estable de reflexión e de acción conxunta arredor de...
BENESTAR SOCIAL
Setenta e dous xitanos de Compostela asinaron un contrato laboral durante o 2010 grazas ao programa Acceder
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e Gorka de Luis, da Fundación Secretariado Xitano, presentaron en rolda de prensa a memoria de actuacións do programa Acceder, que desenvolve esta última entidade. Grazas a esta iniciativa, 116 persoas recibiron orientación, 72 puideron acceder a un contrato de traballo e outras 15 a prácticas en empresas.
ALCALDÍA
A recuperación da Selva Negra, primeira experiencia en Galicia de substitución masiva de eucaliptos por árbores autóctonas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitou a Selva Negra. Nesta gran superficie verde de 22 hectáreas, realizouse a substitución de especies invasivas, fundamentalmente acacias e eucaliptos, por árbores autóctonas.
XUNTA DE GOBERNO
Actualizadas as tarifas dos estacionamentos e do tanatorio de Boisaca
A Xunta de Goberno aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros non xestionados directamente por TUSSA para 2011, que se actualizan de acordo á suba do IPC entre decembro do 2009 e decembro de 2010, cifrada no 3%, agás no caso do estacionamento da praza de Vigo, no que o incremento é do 75% dese IPC, é dicir o 2,25%. Tamén se poñen ao día as tarifas do tanatorio de Boisaca.
COMERCIO
Promoción Económica abre o prazo para inscribirse na edición de primavera do VIII Concurso de Escaparatismo
Os comercios de Santiago de Compostela xa poden anotarse na edición de primavera do VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011, aprobada en Xunta de Goberno e organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O 15 de abril finaliza o prazo para inscribirse no certame. O obxectivo do concurso, cunha dotación de 6.364,59 euros en premios, é contribuír á dinamización e mellora dos establecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
BENESTAR SOCIAL
O Programa de Inclusión Laboral rexistrou 185 novas incorporacións en 2010
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presentou en rolda de prensa a memoria das iniciativas e actividades que o Equipo de Inclusión Sociolaboral levou a cabo durante o ano 2010. O Programa de Inclusión, desenvolvido a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e financiado polo Fondo Social Europeo, estaba constituído por un equipo multidisciplinar de tres profesionais. O obxectivo deste equipo centrouse no desenvolvemento de diferentes iniciativas destinadas a favorecer a inclusión social e laboral de colectivos en risco...
MEDIO AMBIENTE
Os alumnos do Monte dos Postes plantaron máis de 200 árbores no parque das Cancelas
Como todos os inicios de primavera, o Concello de Santiago celebrou o Día da Árbore e o Día da Auga cunha programación de actividades protagonizadas por escolares e impulsadas dende a Concellaría do Medio Ambiente. Este ano foi o parque das Cancelas o escenario escollido para celebrar estas xornadas.
CULTURA
Tanttaka Teatroa presenta "La mujer justa" dentro do ciclo Teatro en Xira
Tanttaka Teatroa chega a Compostela para representar La mujer justa dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. Teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas neste ciclo que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. La mujer justa poderá verse no Teatro Principal o martes 22 e o mércores 23, a partir das 21:00 horas.
ALCALDÍA
Ponse en marcha a ampliación da rede de abastecemento de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños de Lavacolla, con motivo da posta en marcha da ampliación da rede de abastecemento de auga. Investíronse 532.000 euros nunha obra financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.