CULTURA
O Festival dos Abrazos publica un catálogo de espazos con textos de Marcos Calveiro, Paula Carballeira e Rosa Aneiros
O Festival dos Abrazos publica nesta a súa segunda edición un catálogo de espazos da cidade con textos de Marcos Calveiro, Paula Carballeira e Rosa Aneiros. O Festival naceu como "unha mostra da creación contemporánea que ofrece unha ollada renovada sobre os espazos singulares de Compostela" e basea a súa filosofía na consciencia de que "a cidade configura un gran escenario con multitude de ambientes propicios para calquera espectáculo".
ALCALDÍA
A praza do Obradoiro, punto de encontro para os nenos saharauís acollidos en Galicia durante o verán
Os preto de 600 rapaces saharauís acollidos durante o verán por familias galegas reuníronse na praza do Obradoiro nun encontro no que tamén participaron as súas familias de acollidas. Procedentes de 160 concellos galegos, os rapaces reencontráronse poucos días antes de emprender a volta cara o seu fogar.
CULTURA
O Festival dos Abrazos entra na recta final dunha segunda edición marcada pola multiculturalidade e polo éxito dos Off
A segunda edición do Festival dos Abrazos, organizada polaa Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, afronta a súa recta final. Con novas propostas musicais, teatrais, circenses, audiovisuais, de danza, circo e outras artes completarase un programa de máis de 130 actividades.
CULTURA
O Festival dos Abrazos achega á Quintana os ritmos balcánicos da festa xitana da Fanfare Ciocarlia
O Festival dos Abrazos achega a fin de semana a Compostela a oportunidade única de gozar no contorno privilexiado da praza da Quintana os sons balcánicos da Fanfare Ciocarlia, unha singular orquestra de metais que repasa a herdanza ancestral, minoritaria e case clandestina da música xitana.
ALCALDÍA
O alcalde acompañou ao ministro de Fomento na visita ás obras do AVE entre Santiago e Ourense
O ministro de Fomento, José Blanco, visitou as obras da Liña de Alta Velocidade (LAV) Ourense-Santiago. Na visita estivo acompañado polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; e o presidente de ADIF, Antonio González Marín.
EMPREGO
Máis de 200 persoas que participaron en 2008 en programas de Promoción Económica accederon ao mercado laboral
Ata 212 persoas que participaron en 2008 en distintos programas da Concellaría de Promoción Económica e Emprego accederon ao mercado laboral. A esta cifra, na que non están incluídas as 49 insercións acadadas polo Proxecto Crear V, rematado en abril de 2009, cómpre engadir as 204 ofertas de emprego tramitadas a través do Servizo de Intermediación Laboral.
CULTURA
As tradicións musicais persas abrázanse na igrexa de Santa María do Camiño co concerto de Barbod Ensemble
O patrimonio arquitectónico de Compostela volve a ser testemuña dun encontro intercultural no seo do Festival dos Abrazos. Barbod Ensemble actúa o venres 21 na igrexa de Santa María do Camiño, ás 13:00 e ás 20:00 horas, cunha formación e un repertorio que beben das tradicións musicais de Oriente Medio.
MEDIO AMBIENTE
A restauración da carballeira de Nemenzo recuperará un espazo de convivencia e lecer para a parroquia
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita ás obras de restauración e posta en valor da carballeira de Nemenzo. Esta actuación forma parte dun conxunto de intervencións no medio rural dirixidas á conservación e valorización do patrimonio natural e do construído, ademais de conformar espazos para o encontro e o lecer, como a intervención prevista en Verdía.
CULTURA
O son da txalaparta e os cantos nómades do deserto fúndense no concerto de Oreka Tx e Aziza Brahim
O Festival dos Abrazos ofrece o xoves 20 outra oportunidade para presenciar un encontro intercultural nunha das prazas máis emblemáticas da cidade. Dous patrimonios musicais distantes fúndense na Quintana no concerto conxunto que darán Oreka Tx e Aziza Brahim ás 22:00 horas. Os txalapartaris máis coñecidos de Euskadi marcarán deste xeito o ritmo dos cantos nómades do Sháhara, nun concerto que ten como ferramentas a experimentación e a fusión e como obxectivo a interacción cultural.
ALCALDÍA
Un ano máis lembrando a Ánxel Casal
Un ano máis, ao pé do monolito en memoria de Ánxel Casal situado en Cacheiras (Teo), celebrouse un acto de lembranza a quen fora alcalde de Santiago. O 19 de agosto de 2009 cúmprense 73 anos da aparición do seu corpo neste lugar.