FESTAS
Un escenario de 120 metros cadrados, 80.000 vatios de son e 150.000 de luz para os concertos do campus
As festas da Ascensión arrancan o mércores 24 cun programa para todos os gustos e que convida á participación. Disparo de bombas e pasarrúas de gaiteiros animarán o ambiente a media mañá. Contra a tardiña, fanfarria; ás dez da noite, verbena coa Orquestra París no paseo central da Alameda; e ás once, apertura dos grandes espectáculos no campus sur, gratuítos, coas actuacións de Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno, por esta orde. Sairán a un escenario de 12 por 10 metros...
CULTURA
O Teatro Principal acolle unha homenaxe aos presos na illa de San Simón
"Cando Santiago era unha illa. Memoria dos presos de San Simón" é o nome que recibe a homenaxe que o martes 23 de maio se lle fará no Teatro Principal aos que estiveron apresados na illa de San Simón. A homenaxe, que comezará ás 21.00 horas, enmárcase dentro dos actos polo Ano da memoria que está a organizar a Consellería de Cultura en diferentes cidades e vilas do país e chega a Compostela da man da Asociación Cultural O Galo e coa colaboración da Concellaría de Cultura da cidade.
ALCALDÍA
Impulso a Santiago como capital de Galicia
A Xunta de Galicia consolidará o papel de Santiago como capital de Galicia e sede das institución autonómicas. Ese é o compromiso que expresou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na súa primeira visita institucional ao Concello de Santiago. Este carácter de capitalidade recollerase no novo Estatuto e promoverase co impulso do Consello da Capitalidade e do Consorcio de Santiago.
DESPEDIDA
Dositeo Rodríguez presentou a súa renuncia como concelleiro
O actual voceiro do Grupo Municipal Popular, Dositeo Rodríguez, presentou a súa renuncia como concelleiro en Santiago, feito que se formalizará no vindeiro pleno ordinario que a Corporación celebra o mércores 24 de maio.
HOMENAXE
Santiago rende homenaxe aos presos republicanos que axudaron a construír a pista do aeroporto
O alcalde e varios membros da Corporación participaron na homenaxe tributada aoss máis de 2.000 presos republicanos que foron obrigados a traballar na construción da pista do aeroporto compostelán entre 1939 e mediados dos corenta. Con tal motivo, descubriuse unha placa conmemorativa no campo da festa de Lavacolla.
EDUCACIÓN
Un grupo de escolares ibicencos visitou o Concello
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, recibiron a un grupo de alumnos de secundaria de Ibiza, no marco do programa "Coñecer as cidades patrimonio". O acto tamén serviu para a entrega dos diplomas a todos os alumnos de Santiago que participaron na edición 2006 desta iniciativa cultural: o C. Seminario Menor da Asunción, o IES Eduardo Pondal e o IES Rosalía de Castro, que foi o gañador.
URBANISMO
San Lázaro contará con preto de 400 novas vivendas protexidas
Santiago vai dispor de 390 vivendas protexidas na zona da Muíña, no entorno de San Lázaro, trala aprobación en Pleno Municipal extraordinario do Plan de sectorización desta área. Estas vivendas forman parte das promocións públicas aprobadas pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo(Emuvissa), que van supoñer a construción de 2.245 vivendas protexidas ata 2007.
CULTURA
O Concello de Santiago e Caixa Galicia colaboran na programación cultural da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entra o Concello de Santiago e a Fundación Caixa Galicia para a realización de diferentes actividades culturais na capital galega. Este acordo renova a frutífera colaboración que ambas entidades veñen mantendo nos últimos anos e supón para Santiago unha importante axenda de actividades culturais para o presente ano.
TURISMO
O concurso Compostela Curtocircuíto consolida a súa dimensión internacional
O concurso de curtametraxes Compostela Curtocircuíto, encadrado na Sección Oficial do III Festival Internacional Curtocircuíto’06, atópase a medio camiño do remate do prazo de presentación de curtas. Ata o momento están sendo moitos os novos creadores que se animan a presentar curtas a esta convocatoria, provenientes de diversos países e continentes. Este feito indica a consolidación deste festival coma un referente internacional no que ao eido das curtametraxes se refire. O prazo remata o 30 de xuño.
EDUCACIÓN
Un grupo de alumnos de Ibiza visita Santiago dentro do programa "Coñecer as cidades patrimonio"
Unha delegación de 18 alumnos de secundaria de Ibiza, visitará Santiago entre os días 18 e 20 de maio. Trátase dunha das actividades incluídas no programa "Coñecer as cidades patrimonio".