DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
Cento setenta rapaces participarán nunha plantación de árbores na Finca de Brandía
Arredor de 170 nenos e nenas do CEIP Roxos-Villestro, da Escola Rural Feáns-Villestro e da Escola Rural Rial-Laraño serán os encargados de plantar 350 árbores de sete especies diferentes na Finca de Brandía, para conmemorar o Día da Árbore (21 de marzo) e da Auga (22 marzo).
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico concede os premios da VII Bienal de Pintura
O gravador Xabier de Sousa é o gañador da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, nesta edición na que se presentaron 102 obras creadas por artistas naturais ou residentes en Galicia e Norte de Portugal, nas que predominou un alto nivel artístico.
PARQUES E XARDÍNS
Santiago celebrará o Día da Árbore e o da Auga na Quinta de Brandía
Rapaces de colexios de Rial, Laraño, Feáns, Villestro e Roxos serán os encargados de plantar árbores de sete especies arbóreas diferentes o día 22 de marzo, con motivo da celebración do Día da Árbore (21 de marzo) e da Auga (22 marzo), organizado polas concellerías de Parques e Xardíns e Educación e Mocidade.
RELACIÓNS VECIÑAIS
A Casa do Asociacionismo estará funcionando dentro dun ano
As entidades asociactivas de Compostela terán dentro dun ano unha sede común para poder reunirse e traballar. Será a Casa do Asociacionismo, que presentou o concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, e que estará na antiga estación ferroviaria de Cornes.
ALCALDÍA
O Nobel de Física Heinrich Rohrer visita o Concello
Con motivo do inicio do ciclo de conferencias Conciencia, que traen a Santiago a prestixiosos científicos, moitos deles premios nóbeis, Heinrich Rohrer, Premio Nobel de Física en 1986, visitou a Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
FUNDACIÓN GRANELL
Un libro achega a memoria compostelana de Eugenio Granell
O 16 de marzo ás 20 horas no primeiro andar do pazo de Bendaña sede da fundación Granell terá lugar a presentación das "Memorias de Compostela. Visión orlada de estrellas, islas, árboles y antorchas"", a obra literaria de Eugenio Granell onde evoca a cidade que lle serviu de marco á súa infancia e adolescencia, e que é testemuña muda da conformación do seu carácter libertario, curioso e profundamente creativo.
REAL FILHARMONÍA
A Real Filharmonía de Galicia e o Orfeó Català interpretan a misa "In tempore belli" de Haydn
A Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, e dirixida polo mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Mozart Sinfonía nº 39 en Mi bemol maior, KV 543 e de Haydn, Misa en Do maior, Hob XXII/9 "In tempore belli".
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Inaugúrase a exposición de Andrea Costas
O mércores 15 de marzo terá lugar a inauguración da exposición de Andrea Costas Lago, á que asistirá o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto á concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e que recolle o proxecto fotográfico gañador da 3ª Bolsa de Creación Fotográfica convocada polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago e o Centro de Estudos Fotográficos.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Os centros escolares celebran o Ano Mozart
O departamento de Educación e Mocidade promove un ciclo de concertos comentados de música clásica nos centros escolares promovidoso, co obxecto propiciar un achegamento máis directo á interpretación e ao coñecemento dos instrumentos musicais.
ALCALDÍA
O presidente da República de Eslovenia visita o Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe, venres 10, ao presidente da República de Eslovenia, Janez Drnovsek, na Casa do Concello de Santiago.