CULTURA
Varios actos conmemorarán o 2005 Ano Ánxel Casal
Exposicións, un congreso, a edición de varios libros e a produción dun documental centran os actos de conmemoración de 2005 Ano Ánxel Casal.
AUDITORIO DE GALICIA
Gustav Leonhardt ofrecerá un concerto para descubrir os contemporáneos de Bach
O vindeiro xoves, 26 de maio o clavecinista Gustav Leonhardt actuará ás 21 horas no Auditorio de Galicia interpretando obras de J. A. Reinken, D. Buxtehude, J.J. Froberger, Anónimo, G. Leroux e J. S. Bach. As entradas, dun prezo de 9 euros, poñeranse á venda o día 25 de maio e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 12 a 14 e de 17 a 20 horas. Tamén estará aberto o servizo de venda telefónica nos teléfonos 981 57 10 26 e 981 57 39 79.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Fontiñas celebrará por todo o alto a súa IV Semana Cultural
Desde o 30 de maio ao 4 de xuño, o Centro Sociocultural das Fontiñas programa múltiples actividades dentro da súa IV Semana Cultural, que se abrirá cun concerto de Kamelamos Guinar.
EIXO ATLÁNTICO
As cidades do Eixo Atlántico implantarán un sistema de información xeográfico por internet
A Comisión Delegada do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, da que é vicepresidente o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, reuniuse no Auditorio de Galicia co fin de implantar un Sistema de información Xeográfico nas cidades que forman parte desta organización.
ALCALDÍA
O alcalde recibe ao portavoz do Goberno marroquí
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe, sábado 21, a visita do Ministro de Comunicación e portavoz do Goberno marroquí, Nabil Benabdallah.
ORZAMENTOS
Aprobados definitivamente os orzamentos do 2005
O Boletín Oficial da Pronvicia publica hoxe, 20 de maio, o resumo por capítulos dos orzamentos e o cadro de persoal do ano 2005.
UMAD
Entregados os premios do 2º concurso de ideas "Xóvenes, noite e alcohol"
Hoxe tivo lugar a entrega de premios do 2º Concurso de ideas "Xóvenes, noite e alcohol", organizado desde a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). O acto de entrega será no edificio da UMAD (Salgueiriños s/n (detrás de Facenda). No acto estiveron presentes a Concelleira de Servicios Sociais, Muller e UMAD, Adelaida Negreira Riveiro e a Directora da UMAD, Mª Pilar Bermejo González.
MEDIO AMBIENTE
Vinteún composteláns recibiron un premio Ecoembes
Entregáronse os premios do sorteo de Ecoembes, que premia aos cidadáns que reciclan correctamente os envases de plástico, latas e bricks.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfacción pola aprobación do PXOM no vindeiro pleno ordinario
Na habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde de Santiago expresou a súa satisfacción pola saída a concurso do último edificio da Cidade da Cultura e falou sobre a aprobación inicial do PXOM, prevista para o pleno ordinario que se celebrará o 26 de maio.
MERCADOS
O Mercado Nacional de Gando de Amio acadou un valor de concorrencia de 67,7 millóns de euros no 2004
Segundo indicou o concelleiro de Mercados, Xosé Manuel Iglesias, e a pesar da ralentización que sufriu en comparación co 2003, o Mercado Nacional de Gando de Santiago demostrou "a súa puxanza e boa saúde dentro do sector a nivel europeo e a súa condición de motor na comercialización de gando en Galiza".