XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras da escola infantil da praza da Constitución
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de reforma do edificio que albergará a nova Escola Infantil da praza da Constitución (Tras Parlamento) e as de reurbanización das calzadas de San Pedro e Santo Antonio. Entre outros asuntos, na sesión tamén se acordou incrementar en 59.000 euros as axudas de carácter social que outorga a Concellería de Benestar Social.
COMERCIO
Promoción Económica abre o prazo de inscrición na edición de outono de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na edición de outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 16 de outubro. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
EDUCACIÓN
Os pequenos da Escola Infantil de Conxo coñecen o proceso tradicional de elaboración do viño nunha festa da vendima
O inicio do novo curso escolar coincide coa primeira actividade educativa da Rede de Escolas Infantís do Concello de Santiago, coa que se dá a benvida á estación do outono. A Escola Infantil de Conxo acolle unha festa tradicional da vendima, na que os máis pequenos aprenden como se elaboraba antigamente o viño, experimentando o proceso de pisado das uvas e a degustación das mesmas.
EDUCACIÓN
O Concello colabora un curso máis no programa de educación para adultos de Radio Ecca
O Centro de Educación para Adultos Radio ECCA pon en marcha un curso máis o seu Programa de Educación de Adultos. A Concellería de Educación colabora con esta iniciativa, que ten como obxectivo a preparación para obter o título de Graduado en Secundaria nun ano e estudando na casa.
CULTURA
Cultura renova o seu apoio a aCentral Folque
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais apoiará na medida das súas posibilidades a continuade do proxecto da Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Compostela. Con tal intención, a concelleira da área, Socorro García, e Ugía Pedreira, directora de aCentral Folque, asinaron un convenio de colaboración que comprende unha subvención á entidade de 25.000 euros.
EDUCACIÓN
Profesores e alumnos da Escola Municipal de Música abriron o curso 2009-2010 cun concerto no Teatro Principal
Un variado concerto inaugural serviu para abrir o novo curso da Escola Municipal de Alumnos. Profesores e alumnos participaron nesta singular actuación, que tamén foi unha oportunidade para que as familias coñeceran os obxectivos e actividades propostas pola Escola para o novo curso.
DEPORTES
Encontro preparatorio da Copa de España de Fútbol Sala de febreiro de 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Razoi ao presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), Javier Lozano. A reunión foi unha primeira toma de contacto cara a celebración da Copa de España en Santiago do 11 ao 14 de febreiro de 2010.
ALCALDÍA
Os composteláns contan cun novo parque na avenida do Camiño Francés
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de inauguración do SUNP-4 do Camiño Francés, ámbito que conta cunha superficie de 144.000 metros cadrados.
ALCALDÍA
A Comisión Especial de Lavacolla asume como obxectivo a posta en valor das capacidades do aeroporto compostelán
O Auditorio de Galicia acolleu o acto de constitución da Comisión Especial do Aeroporto de Lavacolla, integrada polas formacións políticas e todos os entes sociais e económicos da cidade. Posteriormente, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou os resultados desta xuntanza, que definiu como "franca e razoable" e da que se amosou "moi satisfeito".
ALCALDÍA
O Plan de Seguridade do Xacobeo 2010 presentarase o 29 de setembro
A Xunta Local de Seguridade reunirase o martes 29 de setembro no Concello. Na mesma presentarase o Plan de Seguridade para o Xacobeo 2010.