ALCALDÍA
O alcalde agarda que desta folga do lixo se extraia unha "ensinanza pedagóxica"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestaba en rolda de prensa a súa confianza nun acordo entre os traballadores e a empresa concesionaria do servizo do lixo, que finalmente se produciu. Así pois, a folga quedou desconvocada.
VIVENDA
Destacadas achegas para un proxecto piloto sobre vivenda social en aluguer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou as Xornadas sobre vivenda social en aluguer no Centro Galego de Arte Contemporánea. Estas sesións de traballo, no marco do proxecto europeo SUITE, liderado por Santiago, achegan experiencias municipais e autonómicas na xestión deste tipo de vivendas, con vistas ao proxecto piloto que neste ámbito poñerán en marcha o Concello e EMUVISSA.
BENESTAR SOCIAL
Cea benéfica para recadar fondos destinados á Casa da Infancia de Colombia
A Fundación Balms para a Infancia celebrará a súa 1ª Cea Benéfica o sábado 22 de maio, ás 22:00 horas, no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. O Concello colabora con esta iniciativa solidaria, que pretende recadar fondos para o proxecto da Casa da Infancia de Colombia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Veciños e veciñas de Compostela comezan unha peregrinación polo Camiño Portugués
Organizada pola Concellería de Participación Cidadá e no marco do programa Fai o Camiño Connosco, a peregrinación veciñal polo Camiño Portugués comeza o sábado 22 de maio, e rematará en xullo despois de seis etapas e 109,7 quilómetros.
CULTURA
A exposición "1980-2010", de María Xosé Díaz, vólvese dixital
A exposición 1980-2010, de María Xosé Díaz, que se pode ver actualmente no Auditorio de Galicia, xa conta co seu catálogo dixital. A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, foi a encargada de presentar o soporte, acompañada da artista e mais do comisario da mostra, Antonio Garrido.
EDUCACIÓN
Clausúrase a X Campaña de Animación á Lectura "Un gran soño"
O sábado 22 de maio, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos, terá lugar o acto de clausura da X Campaña Municipal de Animación á Lectura "Un gran soño", organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora en colaboración coa Galería Sargadelos.