BENESTAR SOCIAL
A Área de Benestar Social recibe a visita dunha delegación de Solna (Suecia)
Unha delegación do Departamento de Servizos Sociais da localidade sueca de Solna está a realizar unha visita de estudo á Área de Benestar Social do Concello de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas seis novas obras do FES 2010
A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente na súa última sesión seis das obras incluídas no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010). Trátase das obras na rede de abastecemento de Marrozos, A Susana e Lavacolla; da renovación das rúas López Ferreiro e Arzúa; da mellora do pavillón polideportivo de Monte dos Postes; e do espazo multifuncional de Galeras.
MEDIO AMBIENTE
Novo prazo para renovar e solicitar novas adxudicacións das hortas de Belvís
Ata o 31 de maio ábrese o prazo para a renovación das autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís, e tamén neste mesmo prazo poderanse realizar novas solicitudes. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.
IGUALDADE
Mesa redonda sobre o traballo en igualdade en Galicia
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, moderará o vindeiro xoves, a partir das 20:00 horas, unha mesa redonda baixo o título "A Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. Tres anos da súa aplicación práctica". A charla celebrarase no salón de actos da Cámara Oficial de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44 baixo).
SERVIZOS
Traballadores en folga de Urbaser queiman outros seis colectores na madrugada do luns ao martes
O Concello de Santiago reitera unha vez máis a súa enérxica condena aos actos vandálicos dos traballadores do servizo de recollida do lixo que están en folga. Nesta última madrugada do luns ao martes, os Bombeiros tiveron que realizar diversas saídas para atender ás incidencias.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
V Xornada "Emprende en Compostela": A maioría das grandes empresas naceron en tempos de recesión económica
Dezaseis das trinta empresas que cotizan no Dow Jones, iniciaron a súa actividade en tempos de recesión económica. Son datos expostos polo director de Área de Bic Galica, Jacobo García Durán, na ponencia inaugural da V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrou no Pazo de Congresos baixo o título Competitividade e innovación para o emprendemento e o crecemento empresarial.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Santiago de Compostela e Regensburg estreitan lazos nos ámbitos culturais, universitarios e comerciais
O proxecto Santiago-Une, de promoción de Compostela en Europa, desenvolveu no a parte principal do seu programa na cidade alemana de Regensburg (Ratisbona).